El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

LN Xuvenil l Deron a cara co líder na Madroa

Os branquiverdes estiveron os noventa minutos dentro do partido contra o Celta "B"

Os branquiverdes estiveron os noventa minutos dentro do partido contra o Celta "B"

O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil deu a cara durante todo o partido contra o Celta "B", líder da categoría, pese á derrota nas Instalacións de A Madroa nunha cita instrascendente para os de Cándido Gómez.

Ao descanso o marcador non se movera (0-0) pero os olívocs anotarían dous goles nun espazo de tres minutos para sete máis tarde reducir distancias cun penalti transformado por Raúl. Unha pena máxima, moi protestada polos nosos, serviría para que os celestes colocasen o definitivo 3-1. Na recta final do partido os pabellonistas, de forma incomprensible, os pabellonistas perderían a dous homes por dobre cartón amarelo. Primeiro a Fidalgo e despois a Jar. VER FICHA TÉCNICA.

Despois desta derrota o equipo segue instalado na zona media alta da táboa cando restan dúas xornadas, con horario unificado (domingo 12 horas), para rematar a competición na terán como rivais a Ural e Conxo. Ver clasificación.

Reclamación do Porriño

Por outra banda o Porriño presentou unha reclamación no partido da anterior xornada alegando que o Pabellón alineou a un xogador de baixa médica. Esta circunstancia soamente está recolida nas competicións de carácter rexional (artigo 224) reguladas pola federación galega xa que a Liga Nacional, ao igual que a 3ª División, é unha competición rexida polo regulamento da RFEF (artigo 224) e que non contempla esa situación como motivo de alineación indebida.

LN Xuvenil l Deron a cara co líder na Madroa