2-1 | O Xuvenil A cae na remontada lucense
DOMINGO 01/03/2026 (16:00) Campo: A CHEDA (150)
CD LUGO B : 2 – PABELLÓN CF : 1 (0-1)
Segue a racha negativa do Xuvenil A despois de caer en terras lucenses e sumar a cuarta derrota consecutiva no choque da 24ª xornada da Liga Nacional Xuvenil. A derrota branquiverde deixa ao equipo con 25 puntos en una situación comprometida.
Os branquiverdes conseguirían adiantarse no marcador a cinco minutos do descanso grazas a un tanto de Iker Regueira, nun periodo de certa igualdade sobre o terreo de xogo.
No segundo tempo os branquiverdes foron aguantando a un cadro local que saiu a darlle a volta ao partido. No último cuarto de hora e en apenas dous minutos, os lucenses anotarían dous goles que os situarían por diante no marcador. Foi un duro golpe para os pabellonistas, que posteriormente buscaron a igualada sen recompensa.
Na próxima xornada o Pabellón recibe a visita do Alondras no Miguel Ángel. Un partido importantísimo para os de Rubén García.
FICHA TÉCNICA
CD Lugo B: Xabier, Marcos, Ángel, Jesús (David, m.87), Daniel, Monteagudo (Nico, m.70), Hugo (Gustavo, m.70), Gabriel (Marco, m.58), Nico, Javi, Diego e Brais (Sergio, m.46).
Pabellón CF: Roberto, Iván, Bericat, Bruno, Guille, Melguizo (Provi, m.81), Ander, Lucas (Álex Riveiro, m.58), Veiras (Tiago Cerdeiro, m.21) e Iker Regueira (Jesús, m.58).
Árbitro: Iván Abel Bruzos, asistido nas bandas por Cupeiro Castro e Fernández López (Comité Galego-Lugo). Amonestaron a Marco (m.77), Xabier (m.84) e David (m.88) nos locais e nos visitantes a Guille (m.82) e ao adestrador Rubén García (m.83).
Goles: 0-1, m.40: Iker Regueira. 1-1, m.75: Marco. 2-1, m.76: Gustavo.