SEGUNDA FUTGAL

1-2 | O Sénior asalta As Carrelas a última hora

DOMINGO 01/03/2026 (16:15)  Campo: AS CARRELAS (200)

CD VIANA: 1 – PABELLÓN CF: 2 (1-0)

Vitoria épica do Sénior a domicilio no partido da 24ª xornada da Segunda Futgal que o levou ata Viana do Bolo. Con bastantes ausencias no partido, os branquiverdes acabaron remontando un marcador adverso despois de que os locatarios tomasen vantaxe no marcador no tramo final da primeira metade.

Con estre triunfo dos pabellonistas o equipo suma 40 puntos despois de sumar sendos triunfos consecutivos a domicilio, algo moi complicado.

No segundo tempo os minutos foron avanzando e o resultado seguía inamovible ata que nos minutos finais, primeiro Noli e despois Sergio no desconto, anotarían os dous goles en sendas accións de estratexia que lle deron os tres puntos aos de Toño Sanmartín. Na próxima xornada o Pabellón recibe a visita do Cortegada no Miguel Ángel.

FICHA TÉCNICA

CD Viana: Aarón, Javier (Héctor, m.67), Diego (Pedro,m.90), Marcos, Iago (Porto, m.67), Pablo (Iván, m.13), Héctor, Enzo (Adrián, m.90), Saki, Alexandre e Facundo.

Pabellón CF: Nacho, Enrique, Luis, Pedro, Pede, Mario, Sergio, Aldán, Óscar, (Numan, m.46), Xoel (Noli, m.46) e Moure (Jhonny Merlo, m.46).

Árbitro: Jimena Delgado Gómez (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos locais a Marcos (m.45), Alexandre (m.74) e Héctor (m.87) e nos visitantes a Moure (m.45), Jhonny Merlo (m.54), Pede (m.80), Enrique (m.90) e ao meta suplente Anxo (m.70).

Goles: 1-0, m.38: Alexandre. 1-1, m.90: Noli. 1-2, m.90+3: Sergio,