El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

LN Xuvenil l Golpe definitivo co triunfo sobre o Porriño

Os goles de Abraham e Carlos Villar, e un penalti detido por Sampayo no desconto, facilitaron a vitoria (2-1) decisiva

Os goles de Abraham e Carlos Villar, e un penalti detido por Sampayo no desconto, facilitaron a vitoria (2-1) decisiva

A vitoria 2-1 do Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil contra o Porriño nos Remedios foi o espaldarazo definitivo para que os de Cándido Gómez eviten calquera complicación clasificatoria co alto número de descensos -cinco- que contempla a categoría. Restan tres partidos e o colchón de puntos que ten o equipo é máis que un seguro de vida. Os pabellonistas son agora sextos despois de sumar dez dos últimos doce puntos en xogo. Ver clasificación.

O partido foi moi intenso, emocionante e condimentado pola calurosa tarde que se presentou en Ourense. Incluso os últimos minutos estiveron cheos de emoción xa que cando os branquiverdes culminaran a remontada co tanto de Carlos Villar despois das táboas coa que rematara a primeira metade logo de que Abraham igualase o gol dos adversarios, unha máis que rigurosa pena máxima foi detida por Sampayo evitando a igualada do rival e salvando os tres puntos. VER FICHA TÉCNICA.


LN Xuvenil l Golpe definitivo co triunfo sobre o Porriño