jueves. 19.09.2019 |
El tiempo
jueves. 19.09.2019
El tiempo

LIGA GALEGA INFANTIL - FINAL FOUR

O Infantil "A" cumpriu na "final four" de Cambados

Despois dunha excelente traxectoria ao longo deste tempada o Pabellón CF infantil rematou a competición competindo a gran altura na "Final Four" que se disputo o pasado sábado no campo de Burgáns en Cambados.

Os pabellonistas disputaron a semifinal contra un RC Deportivo que acabaría proclamándose campión. Os nosos caeron (2-0) ao encaixar os dous tantos na segunda metade despois de aguantar moi ben na primeira parte. Ver ficha técnica.

Na "consolación" os nosos cederon ante un Bertamiráns moi físico (2-0) que marcaría os goles no primeiro tempo. Ver ficha técnica. Na final o Deportivo superou ao Celta (2-1) proclmándose campión sen perder un partido en toda a tempada.

O Infantil "A" cumpriu na "final four" de Cambados