El tiempo
viernes. 26.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 8

Os equipos de Fútbol 8 estiveron acertados

P2010662
A segunda data de competiciòn nas diferentes categorías de Fútbol 8 deixou un balance moi positivo para os nosos equipos, nunha xornada na que os conxuntos do Pabellón Promesa entraron en acción despois do descanso na primeira.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN

O Pabellón CF venceu á UD Ourense (4-2) nos Remedios nunha cita na que ao descanso tiña unha renda de tres goles. Nico, Mateo Dosantos, Mateo Amorín e Iker anotaron os tantos para os de Antonio Parrilla.

Pola súa parte, o Pabellón Promesas recurriu á épica para remontar catro goles en contra (5-4) ao CEDC Maceda. Os visitantes mandaban xon solvencia ao final da primeira parte, pero os de Anxo Valcárcel completaron un segunda tempo espectacular para darlle a volta ao partido. Pablo (2), Dani (2) e Leo foron os goleadores.

2ª AUTONÓMICA ALEVÍN

Nun bo partido o Pabellón CF "B" obtivo unha cómoda vitoria (1-6) no campo de Eiroás diante do CD Santa Teresita "B". Os de Jorge Manuel estiveron acertados en ataque cos goles de Aitor (3), Iago, Anxo Cao e Arturo.

Tamén estivo acertado no remate o Pabellón CF "C" contra o Ribadavia Atlético "B" (10-0). Os de Marcial González dominaron durante todo o partido e Hugo Gil (5), Simón, Breogán, Yago e Anxo anotaron os goles.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN

Vitoria cómoda para o Pabellón CF na no campo da Uceira (0-12) diante do CD Arenteiro nun choque dominado polos de Gabriel Prada. Os tantos foron obra de Mauro (4), Héctor (2), Izan (2), Nico, Dani, Teo e 1 pp. O Pabellón Promesas caía nos Remedios (2-6) ante a maior fortaleza da EDC Xinzo. Mario foi o autor dos goles para os de Quique Serantes.

2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN

Cómoda vitoria do Pabellón CF "B" no campo de Eiroás contra o CD Santa Teresita "B" (0-10). Os de Manuel Doval levaron en todo momento a iniciativa e ao descanso xa tiñan unha renda importante (0-5). Álex (3), Mario, Iván, Diego, Hugo, Aarón e Marcos foron os goleadores.

Tamén venceu o Pabellón Promesas "B" ao Ribadavia Atlético "B" nos Remedios (6-4) nun partido moi aberto no que os de José Salgado estiveron máis acertados no remate. Para os de José Salgado marcaron Nicolás (3), Xavi (2) e Juan Andrés.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN

Un Pabellón CF moi ofensivo rentabilizou o seu dominio no Luis Bodegas (0-15) na visita ao CF Monforte. Saúl (6), Marco (3), David (2), Javier, Hugo, Kevin e Álex marcaron os goles para os de Enrique Silva..

Foi superior a EDC Xinzo ao Pabellón Promesas (1-6) no campo de Os Remedios. Nicolás anotou o gol dos de Marcos Cudeiro aínda que tiveron ocasións para anotar algún máis.

Os equipos de Fútbol 8 estiveron acertados