El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 8

Fútbol 8 / Resumo do 7 e 8 de marzo

P2030763
Os nosos equipos de Fútbol 8 estiveron a moi boa altura na xornada da pasada fin de semana. Nas dez confrontacións disputadas soamente cederon unha derrota pola mínima, sumando un empate e oito triunfos.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
O Alevín A foi superior ao CD Arenteiro (0-6) no campo de A Uceira e de maneira especial na primera metade na que anotaria cinco goles. No segundo tempo o dominio dos de Antonio Parrilla mantívose pero soamente chegaría un tanto máis. Iker (3), Mateo Dosantos, Mateo Vivián e Ochogavía foron os goleadores. Ver clasificación.

Reparto de puntos (1-1) entre o Alevín Promesas e o Ourensse CF nos Remedios. A cita estivo igualada aínda que os de Anxo Valcárcel gorzarían das mellores ocasións que por falta de definición non se viron reflictidas no marcador final. Mario foi o autor do gol branquiverde.

Curiosamente os dos únicos empates que cederon os branquiverdes no que vai de competición foi ante a escuadra de Oira e co mesmo marcador. Ver clasificación.


2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Partido moi completo do Alevín B para dobregar á UDC Barbadás B nos Carrís (0-4). O bo xogo colectivo derivou en accións de gol para os de Jorge Manuel, que puideron obter un marcador máis favorable polas ocasións que tiveron. Breogán (2), Aitor e Iago foron os goleadores. Ver clasificación.

Tamén sumou os tres puntos o Alevín C despois de superar (3-1) ao CD Santa Teresita B nos Remedios. Os pabellonistas tiveron un rival correoso situado na parte alta da táboa, pero os tantos de Hugo Gil, Yago e José inclinaron a balanza a favor dos nosos. Ver clasificación.


1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
O Benxamín A fabricou a vitoria (6-1) contra o Ourense CF nos Remedios nunha excelente primeira metade (5-1) dos de Gabriel Prada. Na segunda parte as cousas, polo menos no marcador, estiveron máis igualadas e soamente houbo un tanto para os nosos. Álex (2), Matías (29; Mauro e Teo foron os autores dos tantos. Ver clasificación,

Máis custosa foi a vitoria do Benxamín Promesas (0-2) coa EDC Barbadás nos Carrís. Os de Quique Serantes non estiveron ben na primeira metade, na que os locatarios difrutarían dun penalti que detivo Gianni para chegarse ao descanso sen goles.

Na segunda parte os pabellonistas tiveron as cousas máis claras e comezaron desenvolver un bo xogo que lle deu rentabilidade no marcador cos tantos de Diego Peña e Bugallo. Ver clasificación.


2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Amplo triunfo do Benxamín B no Antonio González Blanco sobre o Polígono CF (0-5). Ao final da primeira parte os de Manuel Doval xa tiñan unha renda de dous goles (0-2) que ampliarían en tres máis no segundo tempo. Mario (2), Álex (2) e Aarón marcaron os tantos. Ver clasificación.

A falta de puntería nas moitísimas ocasións que tivo o Benxamín Promesas "B" nos cincoenta minutos, pasoulle factura (2-3) contra a EDC Xinzo C nos Remedios, un rival que tamén soubo sacar rentabilidade no marcador de varios erros dos de José Salgado. Ao descanso os branquiverdes xa tiñan un resultado adverso (0-1). Pablo e Lois foron os autores dos tantos. Ver clasificación,


1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
Esperábase unha cita complicada (3-12) para o Prebenxamín A na visita á UD Ourense -terceiro clasificado- no campo de A Carabina, pero os de Enrique Silva non deron opción ao rival nunha primeira metade na que conseguirían unha ampla renda (0-10). 

No segundo tempo si houbo, al menos no marcador, esa igualdade que se presumía es os unionistas fixeron un parcial favorable (3-2). Sergio (3), Saúl (2), Xián (2), Javier (2), Hugo, Kevin e Marco foron os autores dos tantos. Ver clasificación.

Nunha cita moi disuptada os Prebenxamín Promesas puxo toda a carne no asador para superar ao CP Calasancio (4-1) nos Remedios. Ao final do primeiro tempo os de Marcos Cudeiro tiñan vantaxe mínima (1-0) e na segunda metade tiveron máis ocasións e acerto para marcar distancias. Daniel (2), Mateo e Breixo anotaron so goles. Ver clasificación.

 

Fútbol 8 / Resumo do 7 e 8 de marzo