El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

Fútbol 11 / Xornada pouco propicia

Cinco derrotas, dous empates e dúas vitorias foi o balance na fin de semana

Cinco derrotas, dous empates e dúas vitorias foi o balance dos nosos

Houbo de todo na xornada da pasada fin de semana para os nosos representantes nas diferentes categorías rexionais e provinciais.

Liga Galega Xuvenil (A Seca 4-0 Pabellón “B”)
Clara e xusta derrota dos branquiverdes no campo de La Junquera contra un rival que despois de marcharse ao descanso por diante no marcador (1-0), ampliaría distancias na segunda metade. VER FICHA TÉCNICA. Pese á derrota o equipo segue na segunda praza nun grupo que cada xornada se comprime máis. Ver clasificación.

Play Off 1ª Xuvenil (Pabellón “C” 0-5 UD Ourense)
Derrota inapelable diante do líder no campo de Os Remedios. Os unionistas fraguaron a vitoria con dous goles na primeira metade e tres na segunda. VER FICHA TÉCNICA. Os de Miguel Alonso son terceriros na táboa. Ver clasificación.

División de Honra Cadete (Pabellón 1-2 Areosa)
Despois de comezar ben o partido e creando ocasións de gol, os branquiverdes acabarían cedendo na segunda metade despois dun primeiro tempo sen goles. Gustavo igualaría o tanto co que se adiantaron os vigueses na reanudación pero os visitantes volvería a golpear de novo sen que os locatarios respondesen de novo. VER FICHA TÉCNICA. Os de Guillermo García son terceiros na táboa. Ver clasificación.


Liga Galega Cadete (Ourense CF 1-1 Pabellón “B”)
Os pabellonistas fixeron un bo partido no campo de Oira que non resultou suficiente para sumar os tres puntos despois de desaproveitar varias ocasións claras. Un penalti anotado por José daríalles vantaxe na segunda parte pero os locatarios igualarían no tempo de desconto. Antes disfrutaran dun penalti que non aproveitaron. VER FICHA TÉCNICA. Os de José Dopazo ocupan a sétima praza. Ver clasificación.

 Play Off 1ª Autonómica Cadete (Allariz 0-3 Pabellón Promesas)

Os de Rubén García puideron obter un marcador máis amplo de nos ser polo desatino nos metros finais á hora de definir as numerosas ocasións de gol que crearon. Ao descanso os branquiverdes tiñan vantaxe mínima (0-1) cun gol de Jorge. Na reanudación Antón e Javi ampliarían distancias. VER FICHA TÉCNICA. Os nosos son sextos no grupo. Ver clasificación. Este xoves xogan o partido pendiente co Velle no campo Monte da Aira.

Copa Galicia Infantil (Pabellón 4-3 Bertamiráns)
Remontada nos minutos finais dos pabellonistas cando o marcador sinalaba 0-3 para os santiagueses, que anotaron un na primeira metade e dous no arranque da segunda. Nun pletórico final de partido os goles de Iker (3) e Sampayo déronlle a volta ao marcador. VER FICHA TÉCNICA.  Os de Manuel Meiriño ocupan a segunda praza. Ver clasificación.

Play Off 1ª Autonómica Infantil (Pabellón “B” 1-4 ED Ourense)
Dous goles dos visitantes nos primeiros quince minutos de partido supuxeron unha renda insalvable para os locatarios pese a que nunca baiuxaron os brazos. Co 1-2 tiveron varias oportunidades para empatar pero foron os visitantes quenes marcarían distancias. David fixo o gol dos pabellonistas. VER FICHA TÉCNICA. Os de Daniel Delgado son oitavos na táboa. Ver clasificaciòn.

Play Off 1ª Autonómica Infantil (UD Ourense 1-0 Pabellón Promesas)
Non estivo ao nivel habitual o cadro pabellonista diante dun rival que fixo o gol no desconto da primeira parte, suficiente para levarse os tres puntos. VER FICHA TÉCNICA. Os de Carlos Amorñin caen á segunda posición. Ver clasificación.

Torneo Conservas Calvo Alevín (Pabellón 2-2 Santiago)

Reparto de puntos no campo de Os Remedios nun disputadísimo partido. Os santiagueses abriron o marcador despois de que os pabellonistas disfrutaran de dúas ocasións moi claras cun balón ao travesaño e noutra o meta rival evitaría o gol. Catro minutos máis tarde do tanto visitante empatarían os locatarios cun tanto en propia meta. Cando a primeira parte estaba prácticamente consumida chegaría o segundo do Santiago nunha falta directa para o 1-2 co que remataría o primeiro acto.

Na segunda metade os pabellonistas, moi espesos na primeira parte, melloraron algo e pasaron a dominar a situación levando varias accións de perigo sobre o marco rival pero soamente Ibai puido anotar para o empate definitivo. Izan tivo a mellor ocasión para certificar a remontada pero o meta rival desviou o balón.
VER FICHA TÉCNICA. Os nosos son primeiros do grupo cun partido máis. Ver clasificación.


Fútbol 11 / Xornada pouco propicia