domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

Fútbol 11 l Titánica vitoria do Xuvenil "B"

Titánica vitoria do Xuvenil B e os equipos de Autonómica remataron os Play Off

Titánica vitoria do Xuvenil B e os equipos de Autonómica remataron os Play Off

Liga Galega Xuvenil (Pabellón "B" 4-3 Barco)

Partido emocionante e intenso no campo de Os Remedios que acabaría decantándose a favor dos nosos cun gol de Brais Álvarez no desconto. Ao final da primeira metade o marcador era de táboas (1-1) despois de que os valdeorreses igualasen o tanto de Janfry.

Na reanudación as cousas puxéronse en contra cando os visitantes tomaron vantaxe aos oito minutos. Por frotuna os de Anxo Valcárcel responderon enseguida logrando Sampedo o empate a douses e pouco máis tarde Carlos situaba de novo aos nosos por diante no marcador (3-2). O potencial ofensivo do Barco permitulle forzar unha nova igualada con vinte e tres minutos por diante repletos de emoción e no que os pabellonistas rematarían a faena conseguindo a vitoria no tempo de desconto. VER FICHA TÉCNICA.

Os sete descensos que afectan nestes intres á categoría -tres directos máis catro arrastres- que incluso poderían convertirse en oito ten en vilo a un nutrido grupo de equipos entre os que estaba o Pabellón "B" antes de comezar a cita dominical. A vitoria facíase máis que necesaria para afrontar con máis tranquilidade as catro xornadas que restan co equipò situado na segunda praza. A vantaxe sobre a zona de arrastres é de 11 puntos con 12 en xogo. Ver clasificación.

Play Off - 1ª Autonómica Xuvenil (Arrabaldo 4-0 Pabellón "C")

Severo correctivo para os de Miguel Alonso no campo de O Xeixo. Os de Santa Cruz resolveron a cita cun gol na primeira metade e tres na segunda. VER FICHA TÉCNICA. Os  branquiverdes acabaron cuartos na táboa. Ver clasificación. Este luns será o sorteo da fase galega na sede da RFGF en Pontevedra.

División de Honra Cadete (Victoria 2-2 Pabellón)

Meritorio empate no campo de Leyma contra un rival que aínda pelexa por evitar problemas clasificatorios e que marcou un ritmo moi intenso durante todo o partido. O choque estivo condicionado polo estado do campo, de reducidas dimensións eq ue facía difícil ter o control do xogo. Xabi adaintaría aos nosos e posteriormente o equipo tivo dúas ocasións moi claras para sentenciar.

Ao non apuntillar o rival seguiu metido no partido e conseguría darlle a volta ao marcador. Os pabellonistas non se rendirían e acabarían rescatando un punto no desconto cun tanto de Coello. VER FICHA TÉCNICA. Co empate os de Guillermo García seguen na quinta praza cun colchón de cinco puntos sobre o seu inmediato perseguidor. Ver clasificación.

Liga Galega Cadete (Pabellón "B" 2-2 UD Ourense)

Reparto de puntos nos Remedios nun partido igualado e con poucas ocasións de gol. Ao descanso os visitantes mandaban no marcador despois de sacar froito dunha imprecisión nos locatarios, que antes puideron marcar nun disparo de Anxo no que o meta rival evitaría o gol.

Aos dous minutos da reanudación Jorge establecería o empate pero un discutídisimo penalti, que o asistente sinalou fóra do área pero non o interpretou así o colexiado, permitiría unha nova vantaxe para a UD Ourense. Con case vinte minutos por diante os locatarios lanzáronse a polo empate, que consegurían por medio de Juan no tempo de prolongación. VER FICHA TÉCNICA. O equipo ocupa o sexto posto na táboa. Ver clasificación.

Play Off - 1ª Autonómica Cadete (Pabellón Promesas 2-1 Calasancio "B")

Os de Rubén García despediron o Play Off cunha vitoria nos Remedios despois de superar á escudra monfortina. Ao descanso o marcador era de empate a un tanto logo de que os visitantes neutralizaran o gol de Falú. No segundo tempo un tanto de Caseiro acabaría decidindo o partido. VER FICHA TÉCNICAO equipo quedouse ás portas de meterse na fase galega ocupando a quinta posición despois de superar moitas adversidades. Ver clasificación.

Copa Galicia Infantil (Pabellón 0-1 Ural)

Un gol nos primeiros compases da segunda parte acabaría decidindo o partido a favor dos herculinos, que deste xeito superan aos nosos na táboa (ver clasificación) a falta dunha xornada que posteriormente dará paso á fase final o 12 de maio en sede a determinar e cos cruces primeiro contra cuarto e segundo contra terceiro. VER FICHA TÉCNICA.

Play Off - 1ª Autonómica Infantil (Pabellón Promesas 5-0 Calasancio "B")

Partido de guante branco para os locatarios, que tiveron o control do partido en todo momento. A vitoria da ED Ourense, ao que felicitamos polo éxito, pola mañá deixou sen opción de título e ascenso aos nosos. Joel Vázquez (2), Alcantarilla e Mateo foron os goleadores.  Este luns terá lugar o sorteo da fase galega na sede da RFGF de Pontevedra. Os nosos quedarán exentos da primeira eliminatoria como segundos clasificados. Ver clasificación. Este martes (12 hgoras)  xogan a ida das semifinais de Copa co Pabellón "B".

Play Off - 1ª Autonómica Infantil (Barbadás 6-0 Pabellón "B")

Os branquiverdes depedíronse cunha clara derrota nos Carrís. Ao descanso os locatarios tiñan o partido moi encarrilado despois de anotar catro tantos. O equipo rematou a competición no oitavo posto. Ver clasificación. Este martes (12 horas) xogan o choque de ida das semifinais de Copa co Pabellón Promesas.

Fútbol 11 l Titánica vitoria do Xuvenil "B"