El tiempo
martes. 28.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

2-1 | Remontada de ouro para o Xuvenil "A" nos Remedios

DOMINGO 21/04/2024 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF : 2 – PONTEVEDRA CF : 1 (0-1)

O primeiro equipo xuvenil sumou tres puntos de ouro na Liga Nacional tras remontrar un marcador adverso contra un rival que viña a por unha vitoria que o metese no segundo posto de ascenso á División de Honra despois dos resultados do sábado que favorecían esa circunstancia. 

Trátase da terceira vitoria consecutiva dos ourensáns para chegar a 33 puntos a falta de catro xornadas para o final da competición.

O partido, que comezara con quince minutos de retraso pola avaría do autocar dos grantes, arrincou cun conxunto pontevedrés moi activo pero sen disfrutar de oportunidades claras.

Santi disputa un balón fronte un rival ante a presenza de Bugallo

Un bo traballo defensivo dos branquiverdes mantivo a raia aos visitantes e a medida que pasaban os minutos as forzas foron máis ou menos igualándose.

A primeira oportunidade chegaría sobrepasando os vinte minutos. Peke lanzou unha falta sobre o área rival e alí Mauro, de cabeza, ramatou ben pero o balón foise fóra rozando o pao. A réplica granate chegaría máis tarde da mesma forma en cun remate de alto. 

O gol do Pontevedra subiría a seis minutos para o descanso. Unha pérda de balón nos branquiverdes permitiu que Aarón entrase pola banda e o seu centro rematouno Marqués, completamente só, no segundo pao. Ao descanso chegaríase con ese marcador: 0-1.

O monfortino Lamús, moi serio en defensa, avanza co balón

Segundo tempo

O descanso veulle ben aos de Iván Alonso e Brais Silva. Nos primeiros compases conseguirían igualar o choque despois de que Bugallo rematase ao fondo da rede una saque dende o curruncho de Peke e que en primeira instancia tocara Lamús.

Este tanto supuxo un revulsivo para os branquiverdes, que ofreceron os mellores minutos dun novo partido, e con iso chegaria o segundo tanto local nunha boa acción ofensiva que culminou Mauro ao resolver un man a man co meta rival.

Mauro, autor do segundo gol local, disputa un balón co pontevedrés Pereira

A partir de ahí os pontevedreses intentaron levar a iniciativa pero sen xerar ocasións de perigo sobre a portería ben defendida por Abraham.

Optaron por variar o sistema colocando dous dianteiros coa intención de sacar proveito de centros que deron algún problema aos locais, igual que nas accións a balón parado, pero o marcador non se movía.

Os minutos foron pasando ata que o colexiado deu por rematado o partido no que o equipo sumou tres puntos moi importantes para ter unha recta final de competición o máis tranquila posible.

Agora o equipo afronta dúas saídas consecutivas para visitar ao Coruxo "B" e o Valladares na búsqueda de máis puntos.

Os capitáns de ambos equipos Machaca (Pabellón ) e Canosa (Pontevedra) co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Santi, Bugallo, Mauro (Moure, m.68), Soriano, Machaca (Ander, m.57), Álex Riveiro, Peke (Mociño, m.77) e Samuel (Unai, m.77).

Pontevedra CF: Gael, Guillermo, Javier (Mateo, m.62), Diego, Yoel, Pereira Chamadoia, m.57), Saúl, Nico, Canosa e Marqués (Vallejo, m.62).

Árbitro:  Rubén Pérez Martínez, asistido nas bandas por González Rey e Mosquera Páez (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Peke (m.44) nos locais e a Guillermo (m.65), Diego (m.87) e Vallejo (m.90) nos visitantes. 

Goles: 0-1, m.39: Marqués. 1-1, m.48: Bugallo. 2-1, m.60: Mauro.

2-1 | Remontada de ouro para o Xuvenil "A" nos Remedios