El tiempo
martes. 23.04.2024
El tiempo

Fóronse dous puntos no tramo final

Empate do Xuvenil "A" co Porriño no Lourambal (2-2) despois de remontar un tanto dos locatarios

Empate do Xuvenil "A" co Porriño no Lourambal (2-2) despois de remontar un tanto dos locatarios

Un gol do Porriño a cinco minutos do final privou ao Pabellón da Liga Nacional Xuvenil de sumar os tres puntos e tivo que conformarse co 2-2 final. O primeiro tempo despachouse con táboas (1-1) despois de que Eiró neutralizase o tanto dos locatarios. Na segunda parte Jorge puxo por diante aos nosos, que non puideron manter esa renda ata o final. O equipo segue situado en postos de ascenso cando se levan disputadas dez xornadas de competición. Ver clasificación.

Fóronse dous puntos no tramo final