jueves. 19.09.2019 |
El tiempo
jueves. 19.09.2019
El tiempo

Empate do Xuvenil "A" nos Remedios

O Valadares adiantouse no marcador e os locatarios non estiveron acertados no remate en moitas ocasións (1-1)

O Valadares adiantouse no marcador e os locatarios non estiveron acertados no remate en moitas ocasións (1-1)

O Pabellón da Liga Nacional tivo que conformarse co empate (1-1) co Valadares nun partido que estivo marcado polo desacerto no remate unido á boa actuación do meta visitante con varias intervenciós de mérito. O cancerbeiro mantivo vivo ao seu equipo. Os visitantes tomarían vantaxe aos doce minutos nunha das dúas aproximacións que tiveron ao área local na primeira metade, chegándose ao descanso co 0-1. Nesta primeira metade os de Cándido Gómez tiveron varias ocasións para ter un resultado diferente ao final deste periodo.

Na segunda parte o Pabellón acentuo o dominio aínda que en varias fases e cun carrusel de ocasións algunhas deles increíblemente erradas. Alberte conseguiría o empate e nos dez minutos que restaban seguiron as oportunidades dos nosos, pero estaba claro que era o día do rival cunha maraña defensiva con moitos homes que dificultaban os espazos libres. Ao final non chegaría o segundo, eso si, despois dun par de sustos do rival nun par de contras. Ver clasificación.

Empate do Xuvenil "A" nos Remedios