El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

O equipo segue situado en posto de ascenso

P2020117
O Pabellón CF da Terceira Galicia sumou un punto (1-1) no campo de San Cibrao contra o CD Bubal na cita xogada na tarde deste sábado. Adrián Carid anotou o gol para os de Charli Álvarez.

Reparto de puntos nun campo complicado en deficientes condicións no que os dous goles chegarían na segunda metade despois dunha primeira parte sen goles.

Adrián Carida adiantaría aos pabellonistas aos cinco minutos da segunda metade, pero os de Oímbra, con mellores números coma visitantes sen coñecer a derrota, enseguida replicarían conseguindo a igualada sete minutos despois. Posteriormente e pese a que houbo ocasións o marcador permanecería inamovible. Ver ficha técnica.

O punto conseguido este sábado diante dun rival directo polos catro primeiros postos, permite que o Pabellón acabe a xornada en posición de ascenso. Ver clasificación. Agora afrontará dous partidos consecutivos como locatario nos Remedios contra CD Moreiras e A Merca CF.

O equipo segue situado en posto de ascenso