El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Empate do Senior co CD Cea cunha peaxe moi alta

Senior-Cea
Reparto de puntos (1-1) no campo de Os Remedios nunha cita destacada da Terceira Galicia entre Pabellón CF e CD Cea. Óscar Vivián fixo o tanto dos branquiverdes.

O equipo de Charli Álvarez tivo que pagar unha peaxe moi alta polo punto coseguido ante un rival directo polo ascenso. Os pabellonistas acabarían o partido con nove homes despois das expulsións de Carlos Conde (m.81) e Javi Conde (m.89).

Despois de chegarse ao descanso con vantaxe despois do gol de Óscar Vivián no ecuador do primeiro tempo, nunha cita tremendamente igualada, o equipo visitante sacaría rentabilidade cando os nosos xogaban con dez conseguindo o tanto do empate a cinco minutos do final. Ficha técnica.

Despois deste resultado o Pabellón segue na segunda posición mantendo un colchón de sete puntos sobre o quinto clasificado, un CD Espadana ao que visitan na próxima xornada. Ver clasificación.

Empate do Senior co CD Cea cunha peaxe moi alta