viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Un autogol evitou a vitoria dos nosos (1-1)

Reparto de puntos no campo de A Bandexa entre Padrenda CF e Pabellón CF na cita da Terceira Galicia. Iván fixo o tanto branquiverde.

Un gol en propia meta nunha desafrotuna acción no último minuto, privou aos de Charli Alvarez de salir vitoriosos do campo do Padrenda. Na primeira parte houbo un par de ocasións para cada equipo. Os locatarios tiveron un balón ao pao e unha accion perigosa nun barullo dentro do área pequena. Carlos Conde dispuxo de dúas accións nas que o meta local evitou que o balón acabase dentro da rede con dúas boas intervencións.

Na segunda parte os nosos comezarían algo dubitativos pero enseguida tomarian o control do partido, para empezar a crear accións de perigo á portería locataria. Carlos Conde, Iván e Loren tiveron as mellores ocasións e tamén houbo tempo para a polémica nunha acción na que os pabellonistas reclamaron un penalti sobre Carlos Conde. O dainteiro foi empurrado por un contrario cando estaba presto a rematar coa testa nunha excelente posición para anotar. O colexiado mandou seguir o xogo.

As constantes chegadas ao área local terían consecuencias co tanto de Iván ao rematar un centro ao segundo pao de Loren. Restaban apenas oito minutos para o final e cando parecía que os puntos se virian para Ourense, un autogol permitiría o empate para o Padrenda. Ao final 1-1. Ver ficha técnica.

Despois de tres xornadas os nosos suman 7 puntos como consecuencia de dúas vitorias e un empate. O domingo reciben ao Parada do Sil CF nos Remedios.

Un autogol evitou a vitoria dos nosos (1-1)