A EDC Xinzo levouse o Nadal Benxamín - CO.SA.GA.
Os limiaos foron claros vencedores dunha final que tiveron controlada en todo momento. Ao descanso xa mandaban pola mínima (1-0) e no arranque do segundo tempo conseguiron dous goles máis que deixaron as cousas moi complicadas para os pabellonistas.
Os branquiverdes viron algo de luz cando recortaron distancias, pero o rival asestaría un duro golpe co cuarto que foi definitivo. A EDC Xinzo eliminara nas semifinais ao CD A Purísima nos penaltis logo do empate (2-2) e os anfitrios ao CD Rúa (1-0).
O equipo valdeorrés acabaría na terceira praza despois de superar ao conxunto colexial (3-0) na consolación. Precisamenteo o conxunto do CD A Purísima levouse o trofeo á Deportividade e Adrián Anta (CD Rúa) o de mellor xogador.
Para ver todos os resultados do torneo e o cadro final PINCHA AQUÍ.