Derrota do noso Xuvenil A en Santiago de Compostela
Este sábado, en Santiago de Compostela no campo municipal de As Cancelas, o noso Xuvenil A disputou o seu primeiro partido de liga contra un recén ascendido a S.D. Compostela.
O encontro comezou con moito respeto por parte dos dous equipos con máis posesión pola súa parte. No minuto 25 chegou o seu gol, xogada trenzada dende a súa defensa que finalizou o seu dianteiro Pablo Fernández. Os nosos acusaron o golpe, e durante uns minutos estivemos moi erráticos en pases e controis.
Á volta dos vestiarios o noso equipo saíu a por todas, varias ocasións moi claras de Iker Baltar e Justino que non fumos capaces de aproveitar, e que á postre costaríanos os tres puntos.
Os xogadores da S.D. Compostela comezaron a ter problemas físicos e o noso equipo dominaba a posesión do balón e comezamos ter máis ocasións de gol.
Nunha acción illada deles, e despois de varios rechaces, conseguiron facer o dous a cero por medio do número 15 Roi Rama. Pero esta vez os nosos non baixaron os brazos e no minuto 85, Raúl Gallego metía o penalti que lle fixeran uns instantes antes a Hugo Pérez.
Poidemos facer o empate en varias ocasións, coma no remate de bolea de Nico que sacou o porteiro baixo paos cando xa se cantaba o gol.
O final unha derrota no primeiro partido de liga que doe polo acontecido ó longo dos 90 minutos, pero que con esa actitude e traballo duro, darannos moitas alegrías iste ano.
#Serdopabemola