Presentacións

Datas de presentación tempada 2020-2021

O Pabellón Ourense Club de Fútbol dá a coñecer as datas de presentación de toda a estrutura deportiva.
DATAS DE INICIO 2020-2021 (1)
Os xogadores que están citados por ano de nacemento (ver cadro de citación picando aquí) entrarán pola porta do campo de fútbol de Os Remedios, onde se realizarán os controis de seguridade contra o COVID-19 (Imprescindible máscara, control de temperatura e desinfección de calzado e mans). Na presentación darase a coñecer aos deportistas temas organizativos e os horarios provisionais en cada categoría que tamén se publicarán na páxina web.