El tiempo
viernes. 26.04.2024
El tiempo

PREBENXAMÍS

O Pabellón CF, clasificado para a Fase Galega

Prebenxamín Pabellón CF

Os dous conxuntos pabellonistas viviron as dúas caras da moneda na xornada da pasada fin de semana nos campos de Eiroás e Luis Bodegas.

Por un lado, o Pabellón CF certificou a súa clasificación para a Fase Galega despois de vencer a domicilio (3-6) ao CD Santa Teresita, que ocupa a segunda praza do Play Off da 1ª Autonómica.

Nun partido serio os de Manuel Doval xa tiñan vantaxe no descanso e nunha segunda metade máis aberta chegarían máis goles de cada lado. Mario (3), Carballo, Santi e Hugo anotaron para os pabellonistas, que ocupan a primeira posición.

Menos sorte tivo o Pabellón Promesas no Torneo Ourense Prebenxamín, que caía no campo do Monforte (7-5) nun partido no que o espectáculo non estivo no campo. Os locatarios xa tiñan vantaxe ao descanso (3-2). Os tantos dos de Marcial González chegarían por medio de Juan Andrés, Breogán, Xián, Nicolás e 1pp. O equipo é quinto do grupo.

O Pabellón CF, clasificado para a Fase Galega