Presentado o V Campus da Fundación RC Celta
Por quinto ano consecutivo o campo de Os Remedios acolle esta actividade do 25 ao 29 de xuño e inclúe unha visita a Balaídos
Por quinto ano consecutivo o campo de Os Remedios acolle esta actividade do 25 ao 29 de xuño e inclúe unha visita a Balaídos
O Centro Comercial Pontevella acolleu este luns a presentación do 5º Campus Fundación RC Celta-Pabellón CF que se celebrará no campo Miguel Ángel-Os Remedios do 25 ao 29 de xuño para nen@s de 5 a 16 anos. No acto estiveron presentes Germán Arteta, Xerente da Fundación RC Celta; Juanín López, Presidente do Pabellón CF; Diego Sarabia, do departamento de Coordinación céltico; e os xogadores da canteira celeste Diego Pampín, internacional Sub-19, e Aarón Rey. O evento tamén contou cunha ampla representación de xogadores e familiares do noso clube.
INFORMACIÓN DE INTERESE
- Datas: 25 ao 29 de xuño.
- Idades: 5 a 16 anos.
- Horario: 10 a 14 horas de luns a venres. O último día haberá un picnic conxunto e pola tarde a entrega de diplomas e sorteo de agasallos.
- Tarifas: Para público en xeral 130 euros. Para xogadores do Pabellón C.F., Escola de Iniciación e Escola Deportiva Ourense 115 euros. Para familias que inscriban un segundo fillo terán un 10% de desconto sobre o prezo final.
- Inclúe:
-Seguro de accidentes deportivo.
-Visita ao Estadio de Balaídos.
-Equipación oficial do Campus (ADIDAS) que lle será entregada o primeiro día.
-Aqueles que fagan a inscrición antes do 31 de maio terán unha segunda camiseta ADIDAS de regalo.
-Merenda todos os días a media mañá, diploma e sorteo de regalos. - Formas de pago: Transferencia bancaria ou domiciliación.
- ¿Qué necesita levar o participante?
- Botas de fútbol (multitaco, taco de goma), toalla de aseo e productos de aseo, chanclas, muda, gorra, crema protectora solar. - ¿Qué necesita saber do primeiro día?
- O primeiro día a citación será antes das 10:00 horas. Días antes do inicio do Campus, recibirá por correo electrónico toda a información necesaria. O acceso á zona de vestiarios será polo campo de fútbol de Os Remedios. A saída ao finalizar cada xornada será polo mesmo lugar. - ¿Cándo é a clausura do Campus?
Será o venres pola tarde coa entrega de diplomas e sorteo de regalos.
MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
ANTE CALQUERA DÚBIDA OU CONSULTA PODEN CHAMAR AO TELÉFONO 986213676