miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

“ADESTRADORES DE F-8 DO CLUB”

Cadro de adestradores Pabellón C.F., Pabellón Promesas e Pabellón EDO

Este sería un resumen dos adestradores do club de F-8.

Nestas semanas estivemos presentando aos adestradores de F-8 que esta tempada 2020-2021 dirixirán aos equipos do Pabellón C.F., do Pabellón Promesas e do Pabellón EDO.

Na categoría Alevín debuta Pablo Gil, que terá como axudante a Paco Bermejo, no alevín “A” e volve o club María Caramés no alevín “B”. No alevín Promesas o adestrador será Quique Serantes, que contará como axudante con Marcos Ruido, e no alevín “C” Carlos Amorín axudado por Manuel Doval. Nos equipos Pabellón EDO os adestradores serán: alevín “A” Viti Blanco e alevín “B” Juán A. Ruiz axudado por Fernando Araujo.

Na categoría Benxamín tamén debuta Antonio Ensá no benxamín “A”. No benxamín “B” estará como adestrador Antonio Parrilla e nos equipos Pabellón Promesas no benxamín “A” Abraham Rodríguez e no benxamín “B” José M. Salgado. Nos equipos Pabellón EDO os adestradores serán: benxamín “A” Óscar Nieto axudado por Moncho Rodríguez, e benxamín “B” Tonino Valverde.

Na categoría Prebenxamín contaremos con tres equipos: o Pabellón C.F. contará como adestrador con Julio Casanova, no Pabellón Promesas o adestrador será Sergio Basteiro, axudado por Javier Alonso e no Pabellón EDO o adestrador será Alejandro Domínguez.

De seguido iniciaranse os adestramentos, vémonos pronto. Forza Pabe!!!!

Cadro de adestradores Pabellón C.F., Pabellón Promesas e Pabellón EDO