C O M U N I C A D O
A situación actual pola que está a pasar a poboación Española de loita contra a COVID-19, está a poñer en valor, máis que nunca, o labor que realizan os profesionais de diferentes ramas.
Médicos, enfermeiras, celadores, farmacéuticos, sen esquecernos do persoal de mantemento e limpeza dos centros médicos, co seu traballo diario fan que miles de persoas afectadas polo coronavirus poidan curarse.
Estes profesionais expóñense diariamente ao virus para vencer canto antes esta pandemia e arriscan a súa saúde e a dos seus para que, no menor tempo posible, todos podamos volver saír das nosas casas.
Tamén foi moi importante o labor das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Autonómicos e Locais.
Non podemos esquecernos de todos os traballadores esenciais, de maneira especial no ramo da alimentación, que día tras día permitiron que houbese o suficiente abastecemento de produtos.
Por suposto, tampouco podemos deixar no esquecemento a aqueles que se quedaron nas súas casas, maiores e menores, cumprindo as normas das autoridades sanitarias para frear a expansión do coronavirus.
A todos eles, e de maneira especial a aqueles familiares dos nosos deportistas dentro desas profesións, queremos darlles as grazas desde o Pabellón Ourense Club de Fútbol polo seu incuestionable labor, á vez que queremos facer chegar o noso máis sentido pésame aos familiares dos profesionais que perderon a súa vida por tentar salvar a dos demais.
Todos sodes e sempre seredes moi importantes; e por iso, que o club non quere deixar pasar a oportunidade de recoñecer o comportamento de todos os nosos deportistas durante o seu confinamento, emitindo un Diploma pola súa actitude, comportamento e solidaridade durante o estado de alarma como o que aparece pinchando aquí expedido a Carlos Quintela Díaz, autor da idea, fillo de Felipe Quintela xogador do equipo senior.
Este documento pode solicitarse, indicando o nome completo do xogador e o equipo do que forma parte (en caso de menores de idade deberán ser os pais os que soliciten a expedición do devandito Diploma, acreditando o bo comportamento do menor durante estas datas), a través do correo electrónico do club: [email protected].
O Diploma enviarase á dirección de correo electrónica do solicitante. Con posterioridade, e unha vez que se retorne á normalidade, o Presidente do club fará entrega do Diploma expedido a cada deportista que o solicitara.
Francisco José Doforno Nóvoa
En representación de todos os estamentos do club