jueves. 19.09.2019 |
El tiempo
jueves. 19.09.2019
El tiempo

FÚTBOL 11

Ningunha derrota no inicio das competiciòns

A primeira xornada das diferentes competicións de Fútbol 11 que arrancaron a pasada fin de semana, deixou un bo balance para os nosos representantes, que non encaixaron ningunha derrota.

Na Liga Galega Xuvenil o Pabellón "B" sumaba un punto (1-1) no campo de O Carballo contra o recén ascendido UD Atios. O equipo local adiantaríase no marcador cun penalti nunha primeira metade na que os anfitrios xogaron un fútbol moi directo que levou certa incomodidade nas filas pabellonistas.

Na segunda parte os de Guillermo García tiveron o control do partido nunha fase na que o Atios quedaría con dez por unha expulsión. Seis minutos máis tarde Anxo establecería o gol do empate e posteriormente os nosos tiveronn ocasións para levarse a vitoria contra un rival que neste periodo apenas inquietaría a meta ourensán.

Dentro da División de Honra Cadete, o Pabellón CF acabaría sumando os tres puntos nos Remedios (2-1) contra un Arousa que retornaba a esta categoría. Os de Abel Afonso foron moi superiores nunha primeira metade na que cehgaría os dous goles por medio de Izan e Jaime. No segundo acto os de Vilagarcía estiraron liñas e por medio do xogo directo e accións a balón parado crearían as mellores oportunidades, ata que a falta de nove minutos para o final acortarían distancias levando certa inquietude nas filas locais. Ata o final non habería máis movemento no marcador.

O Pabellón "B" da Liga Galega Cadete arrancou un meiritorio empate en Cotogrande (1-1) diante dun Santa Mariña que a tempada pasada militaba en categoría superior. Ao descanso o marcador permanecía inamovible nun periodo con escasas ocasións de gol e onde Isaac tivo a mellor para os nosos. No comezo da segunda metade os vigueses tomarían vantaxe no marcador o partido segueu moi disptudado ata que Juan Pablo empataría o choque. Os nosos souberon manter o resultado para sumar un punto.

Vitoria do Pabellón Promesas da 1ª Autonómica Cadete no campo de Eiroás (3-6) contra o Santa Teresita. A primeira metade resultou moi disputada e os de Quique Serantes sempre foron por diante no marcador pero con errores graves defensivamente que sempre foron aproveitados polo rival para non perderlle a cara ao partido. Na segunda metade os dominio dos nosos intensificouse e con dúas accións a fbalón parado conseguirían distanciarse no marcador y manexar con máis tranquilidade o partido ata o final. Xoel (3), Ramón, Nacho e Adrián foron os goleadores.

O Pabellón CF da Liga Galega Infantil sacou adiante o derbi capitalino co Ourense CF (1-3) disputado en Oira. Despois dun primeiro tempo sen goles os de Rubén García fabricarían a vitoria na segunda metade cos tantos de Julián, Lamus e Guzmán. No cómputo xeral os nosos foron mellores que o rival, sempre tiveron o control do partido.

Triunfo cómodo do Pabellón Promesas (8-0) nos Remedios contra o CD Polígono no campo de Os Remedios na 1ª Autonómica Infantil. Os de Carlos Amorín dominaron de principio a fin creando moitas  oportunidades. Adán (3), Xabi, Cantón, Iker, Yeray e Adriàn marcarían os goles.

Bo punto para o Pabellón "B" nos Escolapios contra o CP Calasancio na 1ª Autonómica Infantil (1-1). Os de Juan Carballo maniataron ben aos monfortinos, que apenas atopaban hocos para crear ocasións de perigo. Nas contras os nosos puideron sacar vantaxe nun man a man de Alcázar co meta local. Ao borde do descanso Cabano adintaría aos pabellonistas despois de rematar un centro de Adrián. Con esa vantaxe chegaría o descanso.

Na segunda parte o Calasancio arriscaría máis e os nosos pudieron anotaron o segunda nunha oportunidade de Ribao. A quince minutos do final chegaría o empate local. Posteriormente os monfortinos buscaron na estratexia o medio para facerse coa vitoria pero os pabellonistas non se deixaron sorprender.

 

Ningunha derrota no inicio das competiciòns