jueves. 19.09.2019 |
El tiempo
jueves. 19.09.2019
El tiempo

3ª GALICIA

Gañou con solvencia no campo de A Penafita

O campo de A Penafita en Amoeiro foi o escenario que acolleu o retorno á competición do equipo Afeccionado  branquiverde enfrontándose ao CF Os Chaos dentro da 3ª Galicia. Os nosos acabarían vencendo con solvencia (1-6).

Os seis goles pabelonistas foron anotados na primeira metade e Carlos Conde foi o encargado de anotar o primeiro gol neste retorno ao marco do fútbol provincial. Posteriomente chegarían máis tantos nas botas de Permuy, Montero, Carid, Santi e Aldán, neste caso de penalti.

Na segunda parte rexistraríase o tanto dos locatarios. Destacar a presenza dos xuvenís Martín, Aldán e Mael. Non puido xogar por lesión Juan Pataco e por cuestións persoais Óscar Vivián, Iván e Alberto. A próxima cita será nos Remedios o domingo pola tarde contra o CD Vilar de Barrio.

Gañou con solvencia no campo de A Penafita