Imprimir

Vitoria branquiverde no derbi local cadete

Pabellón Club de Fútbol | 08 de abril de 2019

Vitoria do Pabellón CF da División de Honra Cadete no derbi capitalino da División de Honra Cadete contra o Ourense CF disputado na mañá do domingo no campo de Os Remedios (3-1).

O equipo visitante xogábase moito no envite dada a súa implicación na zona de descenso que ocupan nestes intres. Os de Oira sairon moi enchufados levando a iniciativa pero os pabellonistas estiveron letais no aspecto ofensivo xa que aos catro minutos Aarón inuaguraba o marcador ao culiman unha acción de estratexia e traspadada a media hora de xogo, Adrián aproveitou unha indecisión defensiva para enviar o balón ao fondo da rede cunha vaselina.

O Ourense CF non baixou os brazos e buscou a portería defendida por Hugo pero no resto da primeira metade non se movería o marcador. O descanso pareceulle sentar mellor aos visitantes xa que no primeiro minuto acortaron distancias meténdose de cheo no partido. Non perdeu a compostura o cadro local e Cacharrón acertaría no ecuador deste segundo tempo a colocar o 3-1 que foi mortal para o rival. Posteriomente, o marcador permanecería inamovilble. Ver ficha técnica.

Despois deste triunfo o Pabellón afrontará o parón de dúas semanas ubicado na sexta praza do grupo con 46 puntos. Ver clasificación.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/blog/vitoria-derbi-local-cadete/20190408180319002208.html


© 2019 Pabellón Club de Fútbol

PABELLÓN CLUB DE FÚTBOL

Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2 - 32003 Ourense
Correo electrónico: [email protected]
Teléfono: 900809242
Fax: 988980500