¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
icono-movil
Teléfonos de Contacto
900 80 92 42

Presentado o V Campus da Fundación RC Celta

Presentado o V Campus da Fundación RC Celta
21/05/2018
admin

Por quinto ano consecutivo o campo de Os Remedios acolle esta actividade do 25 ao 29 de xuño e inclúe unha visita a Balaídos

O Centro Comercial Pontevella acolleu este luns a presentación do 5º Campus Fundación RC Celta-Pabellón CF que se celebrará no campo Miguel Ángel-Os Remedios do 25 ao 29 de xuño para nen@s de 5 a 16 anos. No acto estiveron presentes Germán Arteta, Xerente da Fundación RC Celta; Juanín López, Presidente do Pabellón CF; Diego Sarabia, do departamento de Coordinación céltico; e os xogadores da canteira celeste Diego Pampín, internacional Sub-19, e Aarón Rey. O evento tamén contou cunha ampla representación de xogadores e familiares do noso clube.

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Datas: 25 ao 29 de xuño.
  • Idades: 5 a 16 anos.
  • Horario: 10 a 14 horas de luns a venres. O último día haberá un picnic conxunto e pola tarde a entrega de diplomas e sorteo de agasallos.
  • Tarifas: Para público en xeral 130 euros. Para xogadores do Pabellón C.F., Escola de Iniciación e Escola Deportiva Ourense 115 euros. Para familias que inscriban un segundo fillo terán un 10% de desconto sobre o prezo final.
  • Inclúe:
    -Seguro de accidentes deportivo.
    -Visita ao Estadio de Balaídos.
    -Equipación oficial do Campus (ADIDAS) que lle será entregada o primeiro día.
    -Aqueles que fagan a inscrición antes do 31 de maio terán unha segunda camiseta ADIDAS de regalo.
    -Merenda todos os días a media mañá, diploma e sorteo de regalos.
  • Formas de pago: Transferencia bancaria ou domiciliación.
  • ¿Qué necesita levar o participante?
    - Botas de fútbol (multitaco, taco de goma), toalla de aseo e productos de aseo, chanclas, muda, gorra, crema protectora solar.
  • ¿Qué necesita saber do primeiro día?
    - O primeiro día a citación será antes das 10:00 horas. Días antes do inicio do Campus, recibirá por correo electrónico toda a información necesaria. O acceso á zona de vestiarios será polo campo de fútbol de Os Remedios. A saída ao finalizar cada xornada será polo mesmo lugar.
  • ¿Cándo é a clausura do Campus?
    Será o venres pola tarde coa entrega de diplomas e sorteo de regalos.

    MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

    FORMULARIO DE INSCRICIÓN

    ANTE CALQUERA DÚBIDA OU CONSULTA PODEN CHAMAR AO TELÉFONO 986213676





Post Relacionados

Comentarios

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario