LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil A, a plantar batalla cun bo rival

Pabellón CF - Coruxo FC (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 26, 12:00 horas):

O campo Miguel Ángel acollerá esta fin de semana un partido moi importante na 31ª xornada da Liga Nacional Xuvenil, cun duelo entre dous equipos con obxectivos moi diferentes pero igual de esixentes.

O Pabellón (34 puntos) afronta o encontro coa necesidade imperiosa de sumar os tres puntos na súa loita pola permanencia, nun momento decisivo da tempada no que só restan catro xornadas. Pola súa banda, o Coruxo (56 puntos) chega coa mirada posta no ascenso, xa que está a tan só un punto desa zona, polo que tamén está obrigado a gañar.

O conxunto visitante presenta uns números sólidos lonxe da casa, con sete vitorias, catro empates e só tres derrotas, ademais de 20 goles a favor e 14 en contra, e aterra en Ourense cunha racha de catro partidos sen perder. En fronte, os pabellonistas atravesan tamén un bo momento, acumulando cinco xornadas consecutivas puntuando, o que reforza a confianza do grupo neste tramo final.

Máis alá do deportivo, o encontro cobra unha dimensión especial nas bancadas: o acceso será libre, polo que desde o club faise un chamamento a deportistas do club, familiares e afeccionados para que enchan o Miguel Ángel e animen ao equipo nun choque tan importante. O apoio da grada pode marcar a diferenza nunha cita de máxima esixencia.

Á espera do derradeiro adestramento semanal deste venres, Melguizo, Veiras e Samu Villar son baixas seguras e o porteiro Maikel é dúbida. Rubén García recupera a Iker Regueira e André

A arbitraxe estará a cargo de Adrián Estévez Blanco, asistido nas bandas por Boimorto Blanco e Pérez Iglesias, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 31.