3-1 | O Sénior fixo o xusto para gañar
DOMINGO 10/05/2026 (17:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF: 3 – CD CALDELAO: 1 (1-1)
Tres puntos máis na 33ª xornada da Segunda Futgal para o equipo Sénior que o manteñen na praza de promoción con 67 puntos a falta dunha xornada para o final da competición, que será no campo de Albán contra o Coles. O equipo suma doce vitorias consecutivas.
A primeira parte foi para esquecer por parte dos locatarios y eso permitiu que os visitantes tomaran vantaxe no marcador ao aproveitarse dunha mala saída de balón que non desperdiciou Samuel para batir a Nacho. Cinco minutos despois chegaría a igualada obra de Jhonny Nóvoa, chegándose ao descanso con empate a un tanto. Neste primeiro acto hai que lamentar a lesión do local Mario, pendente da exploración.
Na reanudación o equipo estivo algo mellor. Un penalti a Raúl transformaríao Xoel para o 2-1 despois o dominio local acentuaríase pero errarían ocasións incribles para non chegar tan apretados ao final do partido. Co tempo cumprido Jhonny Nóvoa pecharía o marcador.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Nacho (Changui, m.46), Enrique, Roberto, Pede, Mario (Óscar, m.26), Sergio (Jhonny Merlo, m.46), Xoel (Numan, m.64), Raúl, Aldán, Moure (Noli, m.64) e Jhonny Nóvoa.
CD Caldelao: Brais, Camilo, Antonio, Hugo, Joaquín, Daniel, Yago, Yondivert, Rubén, Samuel (Raúl, m.72) e Jefer.
Árbitro: Alejandro Alonso Cobelas (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Noli (m.71) e Raúl (m.80) nos locais e a Rubén (m.27) e Joaquín (m.55) nos visitantes.
Goles: 0-1, m.30: Samuel. 1-1, m.35: Jhonny Nóvoa. 2-1, m.62: Xoel, de penalti. 3-1, m.90: Jhonny Nóvoa.