El tiempo
viernes. 14.06.2024
El tiempo

Inscricións abertas para os dous turnos

A Fundación Celta abriu o periodo de inscrición dos diferentes Campus de Verán que desenvolverán a partir de finais dos mes do xuño e principios de xullo.

No caso do que organiza no campo Miguel Ángel-Os Remedios, coa colaboración do Pabellón CF, iste contará con dous turnos: do 26 ao 30 de xuño e do 3 ao 7 de xullo.

Esta eficaz formación futbolística, destinada a nenos e nenas de 4 a 16 anos, irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral e dun entorno de adestramento onde a diversión está asegurada.

horario da actividade é de 9:45 ata as 13:45 horas. Entre as 9:30 e as 9:40 horas, levaránse a cabo os protocolos de entrada nas instalacións e entre as 13:50 e as 14:00 h levaránse a cabo os protocolos de saída.

As prazas son limitadas e ademáis todos os rexistrados antes do 5 de xuño poderán beneficiarse do prezo reducido. Os xogadores do club terán un desconto de 13 euros.

MÁIS INFORMACIÓN                            PROCESO DE INSCRICIÓN

Inscricións abertas para os dous turnos