O Xuvenil A recibe ao Conxo de Santiago con 100 seareiros na grada
O Xuvenil A da División de Honra disputa este domingo dende as 12:00 horas no campo Miguel Ángel - Os Remedios a sétima xornada de liga na que recibe ao Conxo de Santiago, equipo co que está empatado a puntos, pero con xeiras diferentes.
Os ourensáns veñen de lograr a súa primeira vitoria lonxe dos Remedios tras un gran encontro ante o Racing de Ferrol (0-1) despois de dúas derrotas consecutivas e son octavos con sete puntos. Os capitalinos veñen de unha derrota (CD Calasanz), un empate (CD Lugo) e unha vitoria (Ural CF) e son quintos cos mesmos puntos, o que demostra a irregularidade do equipo dirigido por Xesús Mella e a gran igualdade da Liga.
Os de Cándido adestraron todos xuntos aproveitando a Ponte, e chegan o partido co plantel case o completo ao recuperar a José Ramón e Aarón, Civile seguirá sendo baixa por lesión e Yago e Ribao son seria dúbida.
O Pabellón contará cos folgos de 100 seareiros que estarán na grada grazas a nova política de flexibilidade nas restriccións sanitarias da cidade de Ourense, ademáis de poder seguir o partido en direto por a web do diario La Región e en diferido por a tarde en Telemiño.