1-2 | O Sénior sofre, gaña e segue en promoción
SÁBADO 02/05/2026 (16:00) Campo: O SEIXO-LUIS CID CARRIEGA (100)
CD RAIO ALARICANO: 1 – PABELLÓN CF: 2 (1-1)
O equipo Sénior sumou os tres puntos no campo de O Seixo non sen sofremento no choque da 32ª xornada da Segunda Futgal. A estas alturas da competición gañar está moi caro e calquera pode dar un susto a calquera. O equipo situarse con 64 puntos a falta de dúas xornadas para o final e polo tanto mantén o posto de promoción de ascenso.
Os de Toño Sanmartín tiveron que remontar o tempraneiro gol, de penalti, dos alaricáns a base de moito traballo. Ao borde do descanso Moure conseguía igualar o partido cun desos goles chamados psicolóxicos, o que deu máis forza de cara á segunda parte ante un rival rocoso.
Tras pasar por vestiarios o partido seguiu con moita batalla, quedando moi cedo o cadro local en inferioridade numérica (m.53) pola expulsión de Brais por dobre cartón amarelo.
Con esa superioridade branquiverde o tanto da remontada non chegaría ata dez minutos do final grazas a un penalti transformado por Xoel, nun minuto no que o Raio Alaricano recibía outra expulsión, neste caso con cartón vermello directo, de Xenxo. De ahí ata o final os pabellonistas souberon manter a renda cun rival con dous homes menos.
Na próxima xornada o Pabellón reibe no Miguel Ángel ao CD Caldelao, colista da categoría. A última cita será en Albán contra o Coles.
FICHA TÉCNICA
CD Raio Alaricano: Miguel Ángel, Brais, Martín, Ethan (Alexander, m.13), Diego, Daniel, Amath, Álex, Aram, Aitor e Machuca.
Pabellón CF: Anxo, Enrique (Óscar, m.69), Pedro, Pede, Mario, Sergio, Noli, Aldán, Raúl (Xoel, m.70), Numan (Jhonny Nóvoa, m.62) e Moure.
Árbitro: Marcos Pérez López (Comité Galego-Ourense). Amonestou nos locais a Martín (m.23), Alexander (m.33) e Aitor (m.67). Tamén sufriron a expulsión por dobre cartón amarelo de Brais (m.15-53) e con vermella directa Xenxo (m.80). Numan (m.23), Mario (m.66) e Xoel (m.80) foron amonestados nos visitantes.
Goles: 1-0, m.7: Ethan, de penalti. 1-1, m.45: Moure. 1-2, m.80: Xoel, de penalti.