martes. 19.01.2021 |
El tiempo
martes. 19.01.2021
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Vitoria balsámica do Xuvenil "A" en Ferrol

Importante e necesario triunfo (0-1) do Pabellón CF na súa visita ao Racing de Ferrol despois de dúas derrotas consecutivas.

Habería que tirar de hemeroteca para atopar a anterior vitoria dos branquiverdes, que non lembramos, en terras departamentais no que era unha sáida para o primeiro equipo xuvenil sempre estéril para os seus intereses.

Ficha técnica

Racing Ferrol (0): Cuende, Iago, Pablo, Martín (Vicente, m.69), Hugo (Pablo, m.76), Luís, (Isaac, m.62), Daniel, Mario, Brais, David e Caio (Iker, m.62).

Pabellón CF (1): Alberto, Martínez, Coello, Iker, Víctor, Juan (Marco, m.78), Parrilla, Anxo (Aarón, m.75), Osián, José Ramón (Iker Baltar, m.90) e José.

Árbitro: Adrián González Franco, do Colexio de Ferrol. Amonestou nos locatarios a Martín e Aarón nos visitantes.

Goles: 0-1, m.74: Osián.

Incidencias: Partido correspondente á sexta xornada de liga no Grupo 1A da División de Honra Xuvenil disputado no Campo das Gándaras de Ferrol.

Comentario: Os de Cándido Gómez conseguiron tres puntos merecidos e moi importantes despois de dúas derrotas consecutivas. Moi enchufados saíron os pabellonistas ao partido sabendo da importancia do que estaba en xogo e tratándose dun rival que ata a data non coñecía a vitoria.

O equipo soubo refacerse a detacables ausencias no eixe da liña defensiva que non se notaron polo bo traballo do conxunto e tamén tiveron que amoldarse á superficie de herba natural do campo de As Gándaras.

No inicio do choque o Pabellón enseguida comezou a levar perigo con varios saques dende o curruncho consecutivos pero a zaga local conseguía afastar calquera situación incómoda. Posteriormente o Racing estirou liñas e comezou a chegar o área visitante pero sen crear ocasións que fixeran perigrar o marcador.

Primeiros avisos
No medio deste cruce de alternancias no mando do xogo, os pabellonistas levaron máis perigo ao marco departamental para fabricar as dúas mellores ocasións da primeira parte. Na primeira un disparo de Anxo saiu rozando o poste e na segunda nunha acción de José que abortou un defensa con apuros cando o dianteiro ourensán encaraba ao porteiro. Despois de todo isto chegaríase ao descanso sen goles.

P2040640

Na segunda metade foron os ferroláns os que entraron máis metidos no partido, pero enseguida os ourensáns empezaron a controlar o xogo e a ter chegadas con perigo, de maneira especial polas bandas. Nunha destas internadas un disparo moi forzado de José petaba no poste e noutra aparición pola banda chegaría a acción do penalti por mans dun defensor local que o colexiado sinalou como pena máxima e que se encargaría de transformar Osián para colocar o 0-1.

Co marcador en contra os locais tentaron conseguir, al menos, a igualada pero a defensa pabellonista non daba opción ao tempo que facía dano á contra buscando apuntillar ao rival. Iker dispuxo dunha oportunidade moi clara pero entretívose demasiado co balón coa portería a pracer. Ata o final o Pabellón mantivo o tipo asegurando unha vitoria máis que vital para sumar 7 puntos. Na seguinte data os branquiverdes reciben al CD Conxo Santiago no Miguel Ángel-Os Remedios.

A xornada
Este partido entre Racing de Ferrol e Pabellón CF foi o único da sexta xornada adiantado á tarde do sábado. Os resto de enfrontamentos serán este domingo: RC Deportivo-Choco (12 h), Ural CF-RC Celta (12 h), CD Calasanz-CD Conxo Santiago (12 h) e CD Lugo-ED Val Miñor (12.30 h).

Vitoria balsámica do Xuvenil "A" en Ferrol