El tiempo
martes. 16.04.2024
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL

Perdeu co Choco nunha cita na que puido sumar na segunda metade

IMG-20201122-WA0002
Derrota pola mínima (1-0) do Pabellón CF na súa visita ao CD Choco no campo de Santa Mariña en Redondela. Un gol dos pontevedreses na primeira metade resultou definitivo.

Ficha técnica

CD Choco (1): Jorge Rojo, Anxo, Pedro, Javi Labrada, Brais, Miguel, Villar (Edgar, m.68), Pablo (Ju, m.70), Manu (Víctor, m.70), Iago Portas e Antón (Hugo Fariña, m.70).

Pabellón CF (0): Alberto, Martínez (Anxo, m.62), Marco (Iker, m.81), Yago, Civile, Coello, José, Aarón (Iker Baltar, m.46), José Ramón, Osián e Parrilla.

Árbitro: Pablo Álvarez Calderón, do Colexio de Vigo. Iago e Miguel foron amonestados nos locatarios e Alberto e Coello nos visitantes.

Goles: 1-0, m.24: Javi Labrada.

Incidencias: Partido correspondente á cuarta xornada do Grupo 1A da División de Honra Xuvenil. Campo de Santa Mariña en Redondela. Pola restrición de aforo pola Covid-19 o recinto acolleo a 150 espectadores.

Comentario: O Pabellón CF regresou de vacío de Redondela nun partido que tivo un tempo para cada equipo. O Choco estivo mellor na primeira metade e de maneira especial traspasado o ecuador deste periodo, momento no que chegaría o único tanto do partido ao rematar o central Javi Labrada un saque dunha falta lateral e varias ocasións para matar o encontro contra un Pabellón apagado.

IMG-20201122-WA0003

Na segunda parte os pabellonistas foron arañando metros e a partir da metade deste segundo acto comezarían a levar perigo sobre a meta rival. Como consecuencia dese acoso houbo ata catro ocasións nos pés de Anxo, Coello, Yago e Civile para que os de Cándido Gómez conseguiran o empate, a máis clara na última delas nunha lanzamento de falta que se foi rozando o pao. Ao final as cousas non variaron no marcador e os pabellonistas quedaron sen puntuar.

A xornada
Dous partidos programados desta cuarta xornada foron aprazados por incidencias da COVID-19. Foron os casos do Racing de Ferrol-RC Celta e CD Lugo-Calasanz. Os demáis enfrontamentos tiveron estes marcadores: RC Deportivo 2-0 ED Val Miñor; Ural CF 1-3 CD Conxo e CD Choco 1-0 Pabellón CF.

O próximo compromiso dos branquiverdes será o próximo domingo no Miguel Ángel-Os Remedios recibindo a visita do CD Calasanz ás 12 horas. O Pabellón CF suma 4 puntos na sexta praza. Ver clasificación.

IMG-20201122-WA0001

Perdeu co Choco nunha cita na que puido sumar na segunda metade