LIGA NACIONAL XUVENIL

3-0 | Saída en branco do Xuvenil A

DOMINGO 03/05/2026 (12:00)  Campo: SANTA ISABEL (200)

CD CONXO SANTIAGO: 3 – PABELLÓN CF: 0 (1-0) 

Derrota do Xuvenil A en terras santiaguesas no partido da 32ª xornada da Liga Nacional diante dun rival que estivo mellor. Os pabellonistas sofriron un contratempo na fase de quecemento coa lesión do central e capitán Tiago Barbosa, obrigando ao técnico Rubén García a recompoñer a liña defensiva.

Aos dezaoito minutos os locais tomaron vantaxe no marcador co gol de Marcos, co que se chegaría ao descanso. Na segunda metade o Conxo resolvería o partido con dúas dianas máis, a primeira ao borde do cuarto de hora e o segundo a vinte minutos do final, ambos de Mateo, que sentenciaron o choque.

Este resultado adverso deixa aos pabellonistas con 37 puntos e ocupando praza de descenso por arrastres. Coa finalizaciòn este domingo da División de Honra, confirmouse a caída de catro equipos galegos, co cal serán seis os equipos que descendan da Liga Nacional. Na próxima xornada, penúltima do campionato, os branquiverdes teñen unha final en Oira no derbi local ante o Ourense CF.

FICHA TÉCNICA

CD Conxo Santiago: Iago, Andrés, Miguel, Xoán, Antón, Bendaña (Breixo, m.69), Mateo (Brayan, m.81), Uxío, Xián (Pablo, m.69), Alfonso (Xulián, m.81) e Marcos.

Pabellón CF: Roberto, Iván, Bericat, André (Gael, m.61), Guille, Ander, Gómez (Tiago Cerdeiro, m.61), Jesús, Lucas (David, m.70), Nico (Álex Riveiro, m.55) e Iker Regueira.

Árbitro:  Óscar Martínez Santos, asistido nas bandas por Ferro Benito e Troitiño Pose (Comité Galego-Santiago). Amonestaron a Xián (m.23), Andrés (m.70), Mateo (m.76) e Breixo (m.90+3) nos locais.

Goles: 1-0, m.18: Marcos. 2-0, m.57: Mateo. 3-0, m.69: Mateo.