Mezcla de Liga e Copa na sección de Fútbol 8
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
O Alevín A resolvía favorablemente a súa cita nos Remedios (5-3) nos Remedios contra un CP Calasancio que nunca baixou os brazos. Os de Antonio Parrilla agradaron na primeira metade (3-0), pero na segunda metade os monfortinos chegaría a empatar a treses.
Nos dez minutos finais os nosos volverían a retomar as riendas do partido para anotar dous goles. Diego (2), Mateo Dosantos, Iker e Mateo Amorín marcaron os tantos.
Estivo resolutivo de cara ao gol o Alevín Promesas ma súa cita coa ED Ourense (0-5) nun partido cun resultado máis abultado do visto no terreo de xogo. Os de Anxo Valcárcel acabron na primeira praza do seu grupo despois desta vitoria. Pablo (2), Dani (2) e Gulle foron os goleadores.
2ª AUTONÓMICA ALEVÍN-COPA DEPUTACIÓN
Non tivo problemas o Alevín B para superar a eliminatoria a partido único contra o Loñoá CF nos Remedios (8-0). Os de Jorge Manuel dominaron de principio a fin. Aitor (2), Breogán, Iker, Aarón, Álex, Guille e Kevin foron os goleadores.
Tamén segue adinate na Copa o Alevín C ao apaear ao AD Bosco "C" (7-0) nos Remedios. Os de Marcial González controlaron a situación en todo momento. Martín, Augusto, Hugo Gil, Brais, Iago, Anxo e José anotaron os tantos.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Pouca historia tivo o partido do Benxamín A no Luis Bodegas na visita ao CF Monforte (0-16). Os de Gabriel Prada dominaron de principio a fin xerando moitas ocasións de gol. Debido á amplitude do marcador non temos a relación dos tantos.
O Benxamín Promesas foi de menos a máis no seu compromiso co CD Arenteiro (5-0) nos Remedios. Os de Quique Serantes tiñan vantaxe mínima ao descanso (1-0) e foi no segundo tempo cando marcaron diferenzas anotando catro dianas máis.Os goles foron obra de Mario (2), Mateo Carballo, Pablo e Diego.
2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN-COPA DEPUTACIÓN
Paso adiante na Copa Deputación para o Benxamín B despois de apear con solvencia ao AD Bosco B (0-5) nos Salesianos nunha eliminatoria a partido único. Os de Manuel Doval tiñan moito camiño avanzado ao final do primeiro periodo( 0-3) e na segunda ampliarían distancias con dúas dianas máis. Álex, Aarón, Iker González, Matías e Iván anotaron os goles.
Pola súa part, o Benxamím Promesas B quedou apeado do torneo copeiro a mans do CP Calasancio "B" (1-8), un rival ao que gañaran en Monforte na anterior fin de semana na última cita da primeira fase ligueria. Nesta ocasión os de José Salgado non tiveron o seu día e despois de situarse por diante no marcador os rival acabaría dándolle a volta a un partido que ao descanso xa estaba moi complicado (1-4).