Pleno dos equipos rexionais no Fútbol 11
LIGA GALEGA XUVENIL
O Xuvenil B chegou á treintena de puntos despois de superar nos Remedios (2-1) ao CD Moaña. Os de Guillermo García desperdiciaron varias ocasións na primeira parte, periodo no que levaron a iniciativa.
Na segunda metade o nosos tomarían vantaxe por medio de Adrián traspaso o ecuador desta fase nuns momentos no que os visitantes estaban a levar perigo á meta local.
Ata ben avanzado este periodo o partido estivo moi aberto con ocasións para uns e outros ata que Anxo colocaba o segundo ao culinar unha boa contra a escasos minutos do final. Parecía que o partido estaba resolto pero un tanto do Moaña nunha acción de mala fortuna levou á incertudume nos últimos instantes pero o marcador permanecería intacto.
1ª AUTONÓMICA XUVENIL
Non puido sumar o Xuvenil C na primeira xornada do Play Off ao caer nos Remedios (1-3) cun CP Calasancio candidato ao título e ascenso. Na primeira parte os branquiverdes non estiveron a bo nivel, situación que aproveitaron os visitantes para marcharse ao descanso cunha renda de dous goles (0-2).
Na seunda metade os nosos melloraron e chegaron a situar un esperanzador 1-2 co gol de Yago. Houbo ocasións para empatar pero o poder ofensivo do rival permitiría o terceiro tanto monfortino que resultou definitivo.
DIVISIÓN DE HONRA CADETE
Paso adiante do Cadete A despois sumar os tres puntos no campo de Elviña contra o Victoria CF (1-2). Os de Abel Afonso tiveron que remontar un gol adverso dos coruñeses, que ao descando marchaban por diante (1-0) dentrodun primeiro tempo equilibrado.
No segundo tempo os nosos, que foron superiores, conseguirían enpatar aos cinco minutos cun penalti anotado por Izan. Nos últimos instantes do choque chegaría o premio ao mellor xogo dos nosos e despois de que Mauro, Xurxo e Esteban tversen ocasións para marcar, chegando o segundo dos pabellonistas obra de Mociño que acabaría sendo determinante para a vitoria.
LIGA GALEGA CADETE
Traballada e xusto triunfo (4-2) do Cadete B nos Remedios contra un Alondras CF candidato ao ascenso. Os pabellonistas acabarían remontando un partido que se puxo costa arriba cando os visitantes tomaron vantaxe no comezo da segunda metade grazas a un penalti (1-2). Antes, na primeira metade os de José Dopazo foran moi superiores en todos os sentidos. O gol de Raúl nun bo centro de Carracedo serviría para abrir o marcador.
Sen embargo, un despiste defensiva permitiría o empate dos cangueses, chegándose ao descanso con empate a un tanto. No retorno de vestiarios chegaría o segundo dos visitantes nunha pena máxima. Pasados uns minutos de máis presión do adversario, os nosos retomarían o mando do partido lanzándose á búsqueda da portería rival e nos últimos oito minutos os branquiverdes conseguirían darlle a volta ao partido cos goles de Raúl, un en propia meta e Isaac.
1ª AUTONÓMICA CADETE
Pese á derrota do Cadete Promesas (2-0) no campo da EDC Barbadás no arranque do Play Off, os de Quique Serantes estiveron a gran altura durante todo o partido e tiveron ocasións máis que suficientes como para que o marcador final fose outro. Dúas accións a balón parado do rival supuxeron os dous tantos locatarios na segunda metade.
LIGA GALEGA INFANTIL
A vitoria do Infantil A nos Remedios (2-0) contra do CD Choco supuxo o pasaporte de forma matemática para o Play Off final entre os oito primeiros de cada grupo. Os de Rubén García tiveron o control maioritariamente marchándose ao descanso con vitoria mínima, aínda que os visitantes gozarían dunha gran oportunidade a porta valeira. Na segunda metade o gol de Álvaro deixaría máis tranquilidade e os puntos quedaron na casa.
1ª AUTONÓMICA INFANTIL
O Infantil B estreou o seu casilleiro de vitorias a costa de superar nos Remedios (5-0) ao CD Santa Teresita. En realidade foron seis goles pero a colexiada soamente anotou cinco. Os de Juan Carballo foron claros dominadores dende o primeiro minuto pero a rentabilidade no marcador foi mínima ao final do primeiro tempo (1-0). Houbo un segundo gol local pero a colexiada non o concedería aínda que o balón tocou na rede.
O retorno de vestuarios foi productivo xa que na primeira acción chegaría o segundo dos locatarios, que a colexiada non contabilizaría ao final. Posteriormente chegarían catro tantos máis dos pabellonistas como froito do seu dominio. Hugo Alcázar (3), Cabano e Iglesias foron os goleadores. O tanto de Adrián quedou sen contabilizar.
Contundente vitoria do Infantil Promesas no campo da EDC Xinzo (0-6) nunha cita que se presumía complicada xa que o rival gañara nos Remedios na primeira fase. Ao descanso os de Carlos Amorín mandaban no marcador (0-2) nunha fase na que tiveron ocasións para que o resultado fose maior. No segundo a dinámica non variou e ampliarían as distancias con catro tantos máis.Adam (2), David, Iván, Adán e Iker foron os goleadores.