martes. 22.10.2019 |
El tiempo
martes. 22.10.2019
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Superou ao Vilar de Barrio nos Remedios (4-1)

Segunda vitoria do Pabellón CF da Terceira Galicia no primeiro partido como locatario no campo dos Remedios, a costa de superar ao CD Vilar de Barrio (4-1).

Debe afinar a puntería o equipo de Charli Álvarez, que dispuxo de múltiples ocasións para chegar ao descanso co partido resolto. Ata cinco accións de man a man co meta rival foron desaproveitadas nun primeiro acto que finalizaba con vantaxe dos nosos (2-0) cos goles anotados por Carlos Conde e Permuy. Os visitantes tiveron unha soa ocasión, clara, despois dun saque dende o curruncho que fora tal cando o marcador aínda non se movera. O barullo que se formou no área pequena pabellonista por fortuna non acabaría dentro da rede.

O inicio do segundo tempo deixou o gol en propia meta de Adrián Carid, o que lle deu certa incertidume ao choque. Sen embargo o equipo soubo manexar a situación movendo o balón con criterio ata que dous claros penaltis, transformados por Santi e Martín -o meta suplente xuvenil que entrara pola lesión de Óscar Vivián- permitiron que os nosos se estirasen no marcador para o definitivo 4-1.

Despois das dúas primeiras xornadas o equipo lidera a táboa clasificatoria cun pleno de vitorias e na próxima xornada visita ao Padrenda CF.

Superou ao Vilar de Barrio nos Remedios (4-1)