martes. 22.10.2019 |
El tiempo
martes. 22.10.2019
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Superou ao Parado do Sil nos Remedios (2-0)

O Pabellón CF da Terceira Galicia segue invicto despois de tres xornadas de competición logo de superar nos Remedios (2-0) ao Parada do Sil CF, un triunfo que coloca aos de Charli Álvarez como líderes en solitario. Carlos Conde e Loren foron os goleadores.

Traballada vitoria dos pabellonistas no campo dos Remedios nunha nova cita na que a falta de remate impediu que o marcador fose máis amplo. Ao descanso os nosos mandaban no marcador gracias a un tanto de Carlos Conde pouco antes do descanso e como xa indicamos despois de desaproveitar ata catro ocasións moi claras.

Na renudación mantívose o guión cun maior dominio dos nosos ata que a quince minutos do final Loren anotaba o segundo para darlle tranquilidade ao equipo na recta final do choque na que non houbo máis novidades. O equipo lidera a táboa despois de catro xornadas e o próximo domingo ten unha difícil saí ao campo de de A Bola contra un rival que é o inmediato perseguidor no grupo. Ver clasificación.

Superou ao Parado do Sil nos Remedios (2-0)