martes. 22.10.2019 |
El tiempo
martes. 22.10.2019
El tiempo

TERCEIRO GALICIA

O equipo segue en postos de ascenso

O Pabellón CF da Terceira Galicia non puido sumar na súa visita ao A Bola (2-1) nun partido no que os locatarios anotarían os dous goles na primeira metade.

Derrota dos pabellonistas diante dun rival que o seecundaba na táboa clasificatoria e que despois desta vitoria ocupa o primeiro posto da categoría. A Bola foi un rival que xogou a tope para intentar dobregar a un conxunto branquiverde que se presentaba con baixas importantes. Aos vinte minutos chegaría o primeiro tanto e na recta final do primeiro tempo os locatarios ampliarían distancias cun segundo gol moi protestado polos nosos.

Na segunda metade o Pabellón intentouno pero o gol de Permuy chegaría moi a última hora sen tempo para máis aínda que houbo un par de ocasións para rescatar un punto pero non houbo puntería. No medio de todo iso o técnico e un xogador local foron expulsados. Destacar a labor dos tres xuvenís -Falú, Ares e Sergio- que interviron no partido. Ver ficha técnica.

Despois de cinco xornadas o equipo está ubicado na cuarta praza do grupo con 10 puntos, a dous do primeiro clasificado. Ver clasificación. O domingo reciben nos Remedios (17 horas) ao UD Mugares.

O equipo segue en postos de ascenso