A EDC Verín gañou ao Pabellón nos penaltis a final do 11º Cidade das Burgas Benxamín
O choque rematou en táboas (3-3) e pese a que os locais levaron a iniciativa o rival estivo máis resolutivo
Os penaltis acabaron dándolle o torneo á EDC Verín na final contra o Pabellón CF despois de que o tempo regulamentario rematase en táboas (3-3). Os pabellonistas, que levaron maioritariamente o peso do partido, tiveron que neutralizar dosu goles de vantaxe dos verinenses marchándose ao descanso con empate a douses.
Na reanudación pese ao dominio local foron os contricnates quenes volverían a tomar vantaxe para de forma inmediata igualar os branquiverdes. Pese ás ocasións locais o marcador non se movería máis. Na lotería dos penaltis os verinenses estiveron máis acertados.
Nas semifinais o Pabellón apeara de forma apretada (3-2) ao Pabellón Promesas e os verinenses ao Lalín (2-0). Na consolación o segundo equipo pabellonista impúxose aos dezaos (4-1) pechando deste xeito un excelente torneo cun conxunto de primeiro ano. A quinta praza foi para o Calasancio (3-2) a costa da ED Ourense, que abou sexto. O trofeo á Deportividade foi para o Lalín e o de Mellor Xogador recaeu en Daniel Ruiz (Pabellón Promesas). VER RESULTADOS.
O evento, ao que o acompañou unha intensa choiva na recta final, foi seguido por numerosos familiares dos deportistas e afeccionados ao fútbol base baixo unha exquisita deportividade. Ao longo dos vinte e oito partidos anotáronse un total de 102 goles, 48 na xornada de mañá e 54 pola tarde.
O cadro final do torneo quedou da seguinte forma:
- EDC Verín
- Pabellón CF
- Pabellón Promesas
- EF Lalín
- CP Calasancio
- ED Ourense
- Ourense CF
- EDC Barbadás
- UD Ourense
- SDC Arrabaldo
- EDC Xinzo
- CD Arenteiro
Deportividade: EF Lalín
Mellor Xogador: Daniel Ruiz (Pabellón Promesas)