El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

Premio final para a ED Ourense

Gañou o XXVI Torneo Nadal Prebenxamín-Aceites Abril despois de superar na final (2-1) ao Santa Teresita, revelación do campionato

Gañou o XXVI Torneo Nadal Prebenxamín-Aceites Abril despois de superar na final (2-1) ao Santa Teresita, revelación do campionato

A Escola Deportiva Ourense levouse o XXVI Torneo Nadal Prebenxamín-Aceites Abril ao vencer (2-1) na final ao Santa Teresita, que foi a revelación do campionato.

As semifinais estiveron moi emocionantes e os dous fianlistas tiveron que remontar marcadores adversos. Os de Eiroás superaban ao cadro branquiverde (2-1 e a EDO ao conxunto limiao (3-2).

Na final de "consolación" o Pabellón fíxose coa terceira praza despois de vencer (3-0) á EDC Xinzo, que foi cuarta. Na loita pola quinta posición o Ourense CF dobregaba ao Velle (7-0), que acabou nunha meiritoria sexta posisición. Os do Monte da Aira leváronse o trofeo á Deportividade e o xogador Aldán Limia (ED Ourense) o de Mellor Xogador.

Para ver todos os resultados do torneo e o cadro final PINCHA AQUÍ.

Premio final para a ED Ourense