¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
icono-movil
Teléfonos de Contacto
900 80 92 42

Importantes novidades deportivas

Importantes novidades deportivas
05/01/2019
admin

O ano 2019 arranca con novos e destacados proxectos de presente e futuro co binomio Pabellón CF-ED Ourense

Pabellón Club de Fútbol e Escola Deportiva Ourense fixeron público o seu Convenio de Colaboración nun acto celebrado este sábado nas instalacións de Os Remedios con presenza de directivos de ambas entidades deportivas.

Os dous club unificarán criterios para traballar de forma conxunta nunha estructura formada por 40 equipos para dar cobertura a cerca de 650 deportistas e na que se lle concede unha gran importancia aos 17 conxuntos de Fútbol 8, futuro viveiro das escuadras do Fútbol 11 que compiten a todos os niveis.

O fútbol 8 estarán baixo a Coordinación de Manuel Meiriño, unha persoa ligada ao club durante moitísimos anos e perfecto coñecedor dos deportistas de ambas entidades. A estructura Pabellón-EDO contará cunha Comisión Deportiva encargada de gestionar esa parcela. A actividade da Escola Deportiva Ourense poderá seguirse paulatinamente na páxina web e redes sociais (twitter e instagram) do Pabellón CF. 

Equipo sénior
Por outra parte, para a tempada 2019-2020 o Pabellón CF volverá a contar cun equipo sénior que comezará a súa andadura na Terceira Autonómica. O club atende así a petición de varios ex-xogadores da entidade branquiverde e o directivo encargado deste novo equipo será Javier Caldas "Butra" no que respecta á parte xestora e Manuel Meiriño na parte deportiva na búsqueda de adestrador e xogadores. O club abre a porta a todos aqueles ex-xogadores que están en activo e queiran formar parte deste novo proxecto.

Post Relacionados

Comentarios

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario