martes. 22.10.2019 |
El tiempo
martes. 22.10.2019
El tiempo

LIGA GALEGA INFANTIL-FASE DE PERMANENCIA

Superou a un correoso Calasancio nos Salesianos (3-0)

A ED Ourense da Liga Galega Infantil tivo que esperar á segunda parte para superar (3-0) a un Calasancio que vendeu cara a derrota nos Salesianos.

Despois dunha primeira parte sen goles e un inicio da segunda metade na que os monfortinos buscaron con máis ahínco a portería, un gol de Justino nunha contra abriría o camiño da vitoria que encarrilaría trece minutos máis tarde o mesmo xogador facendo o segundo (2-0).

Con esa vantaxe tranqulizadora o equipo estivo máis seguro e na recta final Adrián pecharía o partido colocando o terceiro no marcador (3-0) que resultou definitivo. Ver ficha técnica.

Con esta vitoria a ED Ourense ten unha suculenta vantaxe sobre o sexto clasificado que conleva o descenso de categoría. Restan sete xornadas para o final desta Fase de Permanencia. Ver clasificación.

Superou a un correoso Calasancio nos Salesianos (3-0)