El tiempo
jueves. 18.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Un gol de Osián deu tres puntos valiosísimos

XA-Celta B
O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil sacou peito nesta xornada ao superar (1-0) ao RC Celta "B" -líder incuestionable- nos Remedios nunha cita moi intensa que se decidiu cun gol de Osián de penalti nos últimos minutos.

O partido presetábase como unha empresa moi difícil para os pabellonistas diante dun cadro celeste que soamente perdera un partido en todo o que vai de competición. A mensaxe era moi sinxela, había moito que gañar e pouco que perder.

A cita foi moi disputada e intensa. Nos primeiros corenta e cinco minutos o cadro visitante tivo máis posesión de balón pero os pabellonistas tiñan controlada a situación sen pasar grandes agobios e de paso tratando de levar o perigo ao area rival polas bandas pero sen atopar accións claras para rematar.

Na segunda metade o Celta deulle unha marcha máis ao partido con aproximacións perigosas sobre a meta local. Nunha delas Sampayo evitou o gol co pé. O Pabellón pasou por unha fase na que o balón lle duraba moi pouco facilitando que o rival recuperase pronto a iniciativa. De todos os xeitos o equipo tivo algunhas contras na búsqueda do marco rival e nunha delas, logo dun saque de banda, o balón foi interceptado coa man por un defensor vigués sinalándose a clara pena máxima que transformaría Osián.

Restaban sete minutos máis o tempo engadido nos que o líder puxo toda a carne no asador para intentar sacar algo positivo, pero os pabellonistas apelaron a súa solvencia defensiva e unha pouca de sorte, a que faltou noutras ocasións, para manter a portería a cero e facerse con tres puntos impensables. Ficha técnica.

Boa racha
Os de Cándido Gómez acumulan trece xornadas consecutivas sen perder e as cinco últimas despachounas cun pleno de vitorias dende o empate en Lalín no arranque dunha segunda volta na que soamente leva un gol en contra, o que demostra a solvencia no aspecto defensivo do equipo ata a fecha.

O choque renuniu a moito público nas bancadas, como sempre sucede cando un equipo céltico visita o campo de Os Remedios, neste caso, como noutros, con tres ex-pabellonistas nas filas celestes: Santi Prado, José Atrio e Martín Conde. Todo iso unido á trascendencia do partido.

Despois deste triunfo o Pabellón segue ubicado na primeira praza que leva ao ascenso -xunto ao Choco- cun colchón de sete puntos máis o coeficiente particular sobre o CD Areosa, terceiro en discordia nestes intres. Na próxima xornada visitan ao Ourense CF no campo de Oira nun dos derbis capitalinos que ofrece a categoría. Ver clasficación.

Un gol de Osián deu tres puntos valiosísimos