LIGA NACIONAL XUVENIL

3-1 | Merecida vitoria do Xuvenil A

XA-Coruxo 1
XA-Coruxo 1

DOMINGO 26/04/2026 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (200)

PABELLÓN CF: 3 – CORUXO FC: 1 (1-0) 

O Xuvenil A sumou unha importantísima vitoria na 31ª xornada da Liga Naional na súa carreira pola permanencia ao superar a un rival viña por un triunfo que de conseguilo permitialle meterse en posto de ascenso. Os pabellonistas acumulan 37 puntos a falta de tres xornadas para o final da competición. Os branquiverdes acumulan seis xornadas sen perder.

Era un partido con obxectivos moi diferentes pero case que o marcador pareceunos algo corto tendo en conta as ocasións de que dispuxeron uns e outros, aínda que os visitantes tiveron máis posesión de balón.

Ander abriría o marcador traspasada a media hora de xogo tras enviar ao fondo da rede un balón solto na área rival tras un centro de Lucas que tocou De Blasis. Esta acción deu moita confianza aos de Rubén García, que puideron incrementar a vantaxe nun man a man de De Blasis, que non viu a Jesús ao se lado completamente só, e que desbaratou o meta coruxista. Con esa vantaxe minima chegaríase ao descanso.

Ander abriu o marcador ao aproveitar un balón solto na área rival

A segunda metade comezaría mal para os locatarios xa que apenas consumidos tres minutos un zapatazo de Darío dende fóra da área colaríase pola escuadra da portería defendida por Roberto: 1-1. Comezaba un novo partido que fixo temer polo peor, pero non foi así. Unha galopada de Álex Riveiro, cunha vital aportación dende que entrou, remataría cun penalti do meta visitante que o propio dianteiro se encargaría de anotar para situar o 2-1 no taboleiro.

Con media hora por diante, máis un eterno desconto de sete minutos, o Pabellón defendeu o marcador con uñas e dentes e incluso tivo oportunidades para liquidar o partido en accións de Ander, Álex Riveiro e Iker Regueira antes de que un soberbio testarazo de Gómez ao saque dunha falta lateral acabou dentro da portería do rival para situar o marcador 3-1 nos últimos compases do partido. O Coruxo intentouno con balóns aéreos pero a zaga local estivo inexpugnable e o resultado permanecería ata o final tras unha larguísima prolongación.

Na próxima xornada o Pabellón visita ao Conxo Santiago en Santa Isabel noutro partido directo pola permanencia.

Os branquiverdes suman seis xornadas sen perder e acumulan 37 puntos
Os branquiverdes acumulan seis xornadas sen perder e suman 37 puntos

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Roberto, Gael (Iván, m.56), Tiago Barbosa, Bericat, André (Guille, m.68), Ander, Gómez, Tiago Cerdeiro (Iker Regueira, m.68), Lucas (Bruno, m.79), Jesús e De Blasis (Álex Riveiro, m.56).

Coruxo FC: Mateo, Pedro (Fernando, m.46), Lucas, Hugo (David, m.68), Pablo, Álvaro (Mario, m.62), Noe, Izan, Darío (Casal, m.78), Xian e Javier (Óscar, m.62).

Árbitro:  Adrián Estévez Blanco, asistido nas bandas por Boimorto Blanco e Pérez Iglesias (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Lucas (m.40) nos locais e a Mateo (m.62), David (m.87) e Mario (m.89) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.33: Ander. 1-1, m.48: Darío. 2-1, m.62: Álex Riveiro, de penalti. 3-1, m.90: Gómez.

Os capitáns de ambos equiupos co trio arbitral
Os capitáns de ambos equiupos co trio arbitral