Tendo en conta os enfrontamemos que deparaba a xornada, os branquiverdes eran conscientes de que unha vitoria en Cangas podería darlle unha renda considerable se noutros campos caían algúns dos seus rivais na zona de ascenso nestes intres. E así foi. O equipo gañou e salvo o Choco, o resto de acompañantes caían: Pontevedra, Rápido de Bouzas e soprendentemente o Areosa, non sumaron.
De xogar para conseguir a permanencia, obxectivo marcado para esta tempada, o equipo vese inmerso nunha situación moi motivadora ao ocupar a primeira praza de ascenso. A xornada deixou ao equipo na terceira praza do grupo con cinco puntos de renda sobre o Choco e a sete -máis o coeficiente particular- do Areosa. Ver clasificación.
De todos os xeitos queda moito por diante -doce xornadas- e na próxima que será despois dos carnavais, visitará Os Remedios o RC Celta "B", líder destacado.
En canto ao partido, foi feo, con dous equipos exercendo moita presión na zona central do campo. O traballo no aspecto defensivo do equipo foi impeclabe, deixando soamente que o rival disparase unha vez á meta ourensán nos noventa minutos.
Os de Cándido Gónez disfrutaron de dúas ocasións moi claras nas botas de Osián e Janfry antes de que José Ramón anotase o gol que supuxo a vitoria a tres minutos do final. O mellor foron os tres puntos que sumou o equipo. Ficha técnica.