ALERTA LARANXA

Suspendida a actividade deportiva do club este venres

A Secretaría Xeral para o Deporte comunicou a suspensión de toda a actividade deportiva na provincia de Ourense este venres, desde as 00:00 ata as 24:00 horas, como consecuencia da activación da alerta laranxa por neve decretada pola Xunta de Galicia provocada por la borrasca Ingrid.

Esta medida afecta a todos os adestramentos e partidos programados durante a xornada do venres, tanto en Fútbol 11, Fútbol 8, Fútbol Sala e Escola de Iniciación, quedando completamente suspendida a actividade deportiva do club ao longo do día.

No que respecta aos partidos previstos para a fin de semana, o club manterase atento ás posibles novas indicacións da Secretaría Xeral para o Deporte, co obxectivo de informar puntualmente aos deportistas e ás súas familias sobre calquera actualización que poida producirse.

Desde o club pregamos máxima precaución e comprensión ante unha situación na que a seguridade das persoas debe ser a prioridade, agradecendo a colaboración de todos os colectivos implicados.