O Senior foi un vendaval no Amieiral
Partido de trámite para os de Charli Álvarez no campo do colista. O resultado ao descanso (1-7) xa falaba das diferencias no campo e clasificatorias entre ambos conxuntos. No segundo tempo chegarían outros sete tantos dos pabellonistas para redondear o marcador final. Reseñar os oito que fixo Álvaro Permuy, moi prolífico en ataque.
Tamén temos que destacar a deportividade e voluntariedade dun Mugares que todos os fins de semana acude a súa cita co calendario de competición a pesar de que aínda non conseguiu puntuar. Ficha técnica.
Os pabellonistas levan unha boa segunda volta con seis xornadas consecutivas sen perder que o manteñen na segunda praza da categoría, sendo nestes intres o conxunto máis realizador do grupo. Ver clasificación.
Na próxima xornada Os Remedios acolle unha interesante cita entre Pabellón e Cea, segundo contra cuarto clasificado.