Protocolo Fisicovid-Dxtgalego

A RFGF publicou o protocolo de volta a actividade aprobado este martes pola Xunta

A Real Federación Galega de Fútbol publicou o Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO de volta a actividade no fútbol aprobado e autorizado este mesmo martes pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que é quen establece as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado en Galicia.

00100_0000023180_1_sedesantiago

Este protocolo de volta a actividade no ámbito autonómico é aplicable só en adestramentos e sen contacto, pois a día de hoxe a Xunta non permite o contacto físico na actividade deportiva.

Cabe subliñar tamén que se trata dun protocolo vivo e activo que se irá actualizando en función da evolución da pandemia, das indicacións das autoridades sanitarias, das modificacións suxeridas pola SXD e tamén polas diferentes situacións que nos trasladen os propios clubs e deportistas.

Desde a RFGF apelan á responsabilidad e á prudencia de todos os federados e os responsables dos clubs en aras do cumprimento escrupuloso deste protocolo.

Nos seguintes enlaces podedes descargar os documentos do protocolo, o certificado asinado pola Secretaría Xeral para o Deporte e o protocolo do Pabellón Club de Fútbol baseado no da RFGF.

PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO DA RFGF

CERTIFICADO SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE

PROTOCOLO PABELLÓN OURENSE CLUB DE FÚTBOL

(información recopilada de www.futgal.es)