O Xuvenil "A" quere pechar un gran ano cunha vitoria en Nigrán

Os branquirdes visitan este domingo 27 de Nadal (12:00 horas) o Campo de Fútbol Condomínguez de Nigrán para enfrontarse á ED Val Miñor na que será a novena xornada de Liga da División de Honra Xuvenil.
J1-Pabellón-Ural_1
J1-Pabellón-Ural_1

O Xuvenil "A" visita Nigrán este domingo na que será a última xornada do ano e da primeira volta. Unha volta que se pode calificar de excelente, xa non só polos resultados, senon tamén polo xogo realizado por parte dos rapaces de Cándido Gómez, que marchan quintos con 10 puntos e tuteando os grandes da categoría.

Unha categoría a que voltaron en maio por méritos propios tras tres anos de ausencia e na que se están a gañar o facer algo grande. Un gran estado de forma e de ánimo, que se pode ver reforzado o adestrar estes días de Nadal con todos efectivos que non están habitualmente por estudios.

Por diante unha ED Val Miñor que leva 13 puntos mercé a que son o segundo equipo menos goleado con 7 goles encaixados, polo que se antoxa un partido moi duro e de traballo a reo para tentar pechar o ano cunha Vitoria de prestixio.

 

Xornada adiantada

Este mércores disputaronse 3 partidos adiantados da 9ª e última xornada da primeira volta:

Xornada 9 (27-12-2020)

R.C. DEPORTIVO S.A.D.   

5 - 0     

URAL ESPAÑOL C.F.   

RACING CLUB FERROL   

0 - 4     

C.D. LUGO   

C.D. CHOCO   

17:00 h   

C.D. CALASANZ   

R.C.CELTA S.A.D.   

  7 - 0     

C.D. CONXO SANTIAGO   

E.D. VAL MIÑOR NIGRÁN   

12:00 h     

PABELLON OURENSE C.F.